Revista 215 xuño 2023

Xuntos facemos Colexio

No número de xuño destacamos en portada a celebración, o pasado día 22, da festividade de San Pablo, patrón da profesión, que reuniu a máis de douscentos colexiados e familiares nas instalacións de Palexco, na Coruña.

A protagonista da entrevista é, nesta ocasión, Carmen Socorro Lema Fernández. Decana da Facultade de Economía e Empresa da UDC, e coñecemos, ademais, á nosa compañeira Leticia Gilda Golpe. Asesora Fiscal e Contable en Avogados e Consultores.

Ademais das seccións máis habituais, damos tamén conta da recollida na sede colexial, como todos os anos, das contas anuais do exercicio 2022 que haxan de depositar, exclusivamente, no Rexistro Mercantil da Coruña.