A Revista Dixital AROEC (“Atlantic Review of Economics") é unha publicación electrónica, cuxo principal obxectivo é achegar aos profesionais e dar a coñecer documentos de traballo realizados por investigadores de todo o mundo que traballan nas diferentes áreas da economía.
A revista afiánzase como unha das máis prestixiosas publicacións dixitais de índole económica. Actualmente atópase indexada nalgúns dos índices internacionais de revistas científicas máis importantes do mundo tales como ECONLIT, DOAJ (Directory of Open Access Journals), UNIVERSIA, NEW JOUR (George Town University), DIALNET, ECONIS e Berlin School of Library and Information Science, Humboldt University of Berlin, Germany.
Para a valoración dos traballos, a cal se efectúa a través do sistema “dobre cego” (autor/es dos traballos e dictaminadores descoñecen as súas respectivas identidades ao longo do proceso de avaliación) e por pares académicos, a Fundación conta coa colaboración dun grupo de dictaminadores procedentes de universidades de todo o mundo. Unha vez os traballos son ditaminados, aqueles que superan os estándares de calidade esixidos polo Consello Editorial son incorporados nos dous volumes que anualmente se publican na Web que sustenta a publicación e remitidos aos subscritores da revista.
Esta revista dixital supón a segunda etapa e a continuación do labor desenvolvido pola publicación “Economic Analysis Working Papers, Documentos de Traballo en Análise Económica-EAWP”, que cubriu o período 2002 – 2010 como unha publicación de traballos de discusión académica en comparación a esta nova etapa que abarca traballos de carácter máis finalista, e de aí a súa agrupación en dous volumes anuais (xuño e decembro).
Baixo a anterior nomenclatura (EAWP) publicáronse nove volumes completos correspondentes ao período 2002 – 2010, que aglutinan un total de 129 working papers.
Co obxectivo de potenciar a publicación, en 2018 produciuse a migración da plataforma Web de Atlantic desde a que se accede á revista por unha ferramenta OJS (Open Journal Systems), ferramenta de xestión editorial en liña, de amplo uso a nivel mundial e desenvolvido baixo os principios de software libre, que ofrece unha solución integral que cobre todos os aspectos concernentes á xestión, edición e publicación de revistas académicas seriadas.