Comisión Novos economistas

Un grupo de novos economistas -colexiados en diferentes Colexios de toda España- que compón a Comisión de Mozos do Consello Xeral de Economistas iniciou a súa andaina como un espazo dedicado á defensa da profesión e orientado ao apoio da carreira profesional dos economistas máis novos.

O principal obxectivo dos Novos Economistas é achegar a institución colexial aos novos e futuros economistas, compartindo intereses comúns, novidades e know how sobre a contorna profesional, e así pór en marcha todas aquelas iniciativas e servizos que necesitan as novas xeracións de economistas.

Unha das primeiras iniciativas posta en marcha pola Comisión foi a organización dunha serie de quince talleres (pica AQUÍ para ver o calendario) que abarcan o período de xaneiro a xullo do presente ano e que, baixo a lema “Esperta o teu talento!”, achegarannos temas como o Power BI, a análise de balances, os aspectos básicos IRPF ou o Imposto sobre sociedades desde un punto de vista práctico, o plan de negocio ou as cuestións controvertidas na relación laboral e tributaria.

A Comisión conta ademais cunha Web Corporativa www.joveneseconomistas.es 

 

RRSS Comisión Jóvenes Economistas

 

#Jóveneseconomistas