A Fundación Unha Galicia Moderna, entidade vinculada ao Colexio de Economistas da Coruña, pon en marcha o Programa de Bolsas Economistas 2025 cuxo obxectivo é proporcionar aos recentemente titulados aqueles coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para preparar a súa inserción no mercado laboral, aprendendo e pondo en práctica técnicas e ferramentas útiles para a súa ulterior desenvolvemento profesional.
O programa está dirixido a titulados universitarios de calquera dos graos que dan acceso á colegiación (ADE, Económicas, Ciencias Empresariais, en definitiva, todas aquelas titulacións oficiais relacionadas co ámbito da economía e a empresa), menores de 31 anos, e que posúan como máximo 3 meses de experiencia profesional acorde á titulación requirida.
Para formar parte do Programa de Bolsas Economistas 2025 da Fundación Unha Galicia Moderna é preciso entregar a seguinte documentación na sede do Colexio na Coruña (C/ Cabaleiros, 29 - 1º, 15009 A Coruña) ou ben, enviala por correo electrónico á dirección fundacion@unagaliciamoderna.com.
- Formulario de solicitude habilitado debaixo na sección “documentos”.
- Copia compulsada de documento acreditativo da titulación que lle habilita para a colegiación (na sede do Colexio pódese compulsar esta documentación gratuitamente).
- Fotocopia do DNI.
- Currículo Vitae actualizado.
- Fotocopia do cartón de renovación trimestral da demanda de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
- Certificado de vida laboral.