Revista 235 abril 2025

Entrevistas a Samuel Cruz e a Sabela Tarrío

En revístaa abril destacamos na portada as entrevistas que inclúe este número. Por unha banda, entrevistamos a Samuel Cruz Palenzuela, Decano do Ilustre Colexio Oficial de Titulados Mercantís e Empresariais de Santa Cruz de Tenerife e Presidente de Jóvenes Economistas do Consejo General. E por outra banda, na sección “Coñecendo aos compañeiros” visítanos Sabela Tarrío Rodríguez. Economista Forense en Vento Avogados & Asesores.

Ademais das habituais reseñas contables e fiscal, deixámosvos un interesante artigo titulado “O control económico-financeiro e obrigatoriedade de auditoría de contas das empresas dedicadas aos activos dixitais”, cuxa autoría corresponde a Juan José Xoga Costa (Socio auditor en EUDITA), e na sección de lecer recomendamos a lectura do libro “Intelixencia Artificial para a sociedade”, o primeiro texto informativo en galego publicado sobre este tema.