Revista 230 novembro 2024

XII Xornadas Técnicas de Auditoría e Contabilidade en Galicia: 12 de decembro

Na revista de novembro destacamos en portada a celebración da XII Xornadas Técnicas de Auditoría e Contabilidade en Galicia, que terá lugar o próximo día 12 de decembro.

A protagonista da nosa entrevista mensual é, precisamente, unha das relatoras das devanditas Xornadas, Esther Ortiz Martínez, Vicepresidenta de Economistas Contables do Consejo General de Economistas (EC-CGE), mentres que a sección “Coñecendo aos nosos/as compañeiros/as”, protagonízaa, nesta ocasión, a nosa compañeira María Luisa Romeu Díaz, docente no Centro de Formación Profesional Afundación.

Ademais das seccións máis habituais, publicamos un documento de REAF-CGEque recolle Breves comentarios á Orde HAC/1177/2024, pola que se desenvolven as especificacións técnicas, funcionais e de contido dos sistemas de facturación electrónica, e informamos da apertura do prazo de solicitude para Listas da Quenda de Actuación Profesional 2025.