Revista 228 setembro 2024
Na revista de setembro destacamos en portada a entrega da cuarta edición do Premio Economía por parte do Consello Galego de Economistas ao Grupo Cooperativas Ourensás, S.C.G. (Coren), pola súa contribución ao desenvolvemento económico de Galicia.
O protagonista da nosa entrevista mensual é Bárbara Pitarque Villaescusa, socia e conselleira delegada de Leopoldo Pons Grupo e relator na XVIII edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, que se celebra os próximos días 3 e 4 de outubro.
Ademais das seccións máis habituais, publicamos un artigo de interese para profesionais titulado “As sociedades en constitución (ou en formación) están suxeitas ao Imposto sobre Sociedades?”, cuxa autoría corresponde a Jorge Borrajo Dios, socio da área Fiscal de Kreston Iberaudit.