Revista 226 xuño 2024
San Pablo 2024: Xuntos facemos Colexio
Na revista de xuño destacamos en portada a celebración de San Pablo, patrón dos Economistas, que reuniu o pasado 21 de xuño nas instalacións de Palexco, na Coruña, a 200 colexiados e familiares.
O protagonista da nosa entrevista na sección “Coñecendo aos nosos/as compañeiros/as”, é, nesta ocasión, José Manuel Mosquera Santé (Avogado e Economista en FCH Social e Mercantil SLP).
Ademais das seccións máis habituais, damos tamén conta da recollida na sede colexial, como todos os anos, das contas anuais do exercicio 2023 que haxan de depositar, exclusivamente, no Rexistro Mercantil da Coruña.