Revista 219 novembro 2023

Auditores e Expertos Contables albiscan as claves que determinarán o futuro de ambas as profesións

No número de novembro levamos a portada a celebración da 8ª edición das Xornadas de Auditoría e Contabilidade, foro no que auditores e expertos contables realizaron unha posta en común das claves que determinarán o futuro de ambas as profesións.

O protagonista da nosa entrevista non é outro que Manuel Ramón Ramón, formador e experto en Business Intelligence, relator, precisamente, nas devanditas Xornadas. Por outra banda, coñecemos un pouco máis á nosa compañeira Ester Roás Valera, Senior Financial Auditor en Deloitte.

Ademais das seccións habituais, damos conta da participación do Colexio La Salle, de Santiago, na fase nacional do Torneo de Debate Económico, representando ao noso Colexio.