Revista 218 outubro 2023
Na revista de outubro destacamos en portada a celebración, os pasados días 5 e 6 de outubro, do XVII Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, que centrou a súa atención na análise e debate do primeiro ano de aplicación do Texto Refundido da Lei Concursal.
Seguindo coa formación do Consello Galego, anunciamos a próxima celebración das VIII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia, que terán lugar os días 9 e 10 de novembro en Santiago.
Anunciamos, así mesmo, que o Colexio organiza, novamente, as fases locais da IV edición do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira e da II edición do Torneo de Debate Económico, así como unha nova edición, a sétima, do Concurso Infantil de Postais Do Nadal.
Para finalizar, coñecemos un pouco máis a nosa compañeiro Roberto Castro Tomei. Director Territorial en AESVAL Lóxica de Valoracións S.A.