Revista 213 abril 2023

Pomos en marcha unha nova edición do Máster en Fiscalidade e Tributación

No número de abril destacamos en portada a posta en marcha da edición nº 17 do Máster en Fiscalidade e Tributación. E nada mellor que dous alumnos que o realizaron para darnos as súas impresións.

Na entrevista visítanos nesta ocasión Gabriela González, Directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, mentres que protagoniza a sección "Coñecendo aos nosos/as compañeiros/as" o colexiado José Ramón Pita Zapata. Director Financeiro GDES Wind, S. L.

Ademais das seccións máis habituais, facemos un breve repaso do que deu de si o Encontro de Expertos Contables, celebrado o pasado 13 de abril na Coruña, xornada que serviu para reivindicar o recoñecemento oficial da actividade.