Revista 210 xaneiro 2023

Entrevistamos a Jesús Rodríguez Márquez, Presidente do Consello para a Defensa do Contribuínte

No primeiro número de 2023 destacamos en portada á entrevista realizada a Jesús Rodríguez Márquez, Presidente do Consello para a Defensa do Contribuínte, quen estará presente nas Xornadas de Fiscalidade e Contabilidade para presentar ao CDC.

O colexiado que nos visita na sección "Coñecendo aos compañeiros" é, nesta ocasión, Pablo López Villanueva, director de Administración e Finanzas en INSTRA Enxeñeiros, S.L., que nos conta todo o referente ao “proxecto Ithium”, no que está envorcado.

Entrevistamos, así mesmo, ao equipo de estudantes de segundo de bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, que resultaron gañadores da fase provincial da III Edición do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira, organizada polo noso Colexio.

Por último, e ademais doutras seccións habituais, informamos da publicación na revista de índole científica AROEC, patrocinada polo Colexio e a Fundación Unha Galicia Moderna, dun Volume Especial que recompila os traballos presentados no II Foro de Economía Prospectiva de Galicia, organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.