Revista 208 novembro 2022

Celebradas as VII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia

No número de novembro destacamos en portada a celebración das VII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia, que serviron para facer unha posta en común dos problemas e os retos que afrontan os profesionais de ambos os sectores nun escenario infestado de incertezas como o actual.

Como outro tema destacado, damos conta da concesión, por parte do Consello Galego de Economistas, do Premio Economía ao Grupo Lence, galardón que pretende pór en valor aos actores transcendentais no desenvolvemento da economía de Galicia, nun acto que tivo lugar o pasado 17 de novembro no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Ademais das seccións máis habituais, o protagonista da entrevista é Miguel Corgos López-Prado, Conselleiro de Facenda e Administración Pública da Xunta.