Revista 203 Maio 2022

Entrevista Ángel David Murado Codesal (Interventor Xeral do Exmo. Concello da Coruña) e á nosa compañeira Dolores Nieto Pombo (Contable en Otero Santin Asesores)

Na portada do número de maio destacamos as nosas entrevistas: en primeiro lugar, con Ángel David Murado Codesal, Interventor Xeral do Exmo. Concello da Coruña, mentres que na sección “Coñecendo aos nosos compañeiros/as” coñecemos á nosa compañeira Dolores Nieto Pombo, Contable en Otero Santin Asesores.

Ademais das habituais reseñas contable e fiscal, a información sobre a actividade formativa e as colaboracións a través de artigos de opinión, o noso decano anuncia no editorial que recuperamos a tradicional celebración de San Pablo, patrón dos economistas, de maneira presencial, pero con algún cambio.