Revista 200 Febreiro 2022

O Economista alcanza o seu número 200

Co número de febreiro, O Economista cumpre 200 números publicados. Con motivo diso, incluímos dous artigos de opinión de Roberto Pereira, ex decano do Colexio e impulsor da publicación, e do actual decano, Miguel A. Vázquez Taín.

En páxinas interiores apuntamos todo o acontecido tanto na X edición das Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade, organizadas polo Colexio, como no II Encontro Internacional de Expertos Contables, polo Consello Galego de Economistas e Expertos Contables do Consejo General.

Ademais das habituais reseñas contable e fiscal, incluímos novamente a sección Coñecendo aos nosos compañeiros/as, cuxo protagonista é, nesta ocasión, o colexiado José Manuel Penedo González.