ITPyAJD e IMPOSTO SUCESIÓNS E DOAZÓNS: Límite de 5 días naturais para a presentación de documentación

16/03/2022
Atriga

Informámosvos dunha actualización realizada no servizo da Oficina Virtual Tributaria de ATRIGA “Presentación de documentación asociada á presentación de imposto”, e que está operativa desde o venres 11 de marzo.
 
As ordes de 9 de decembro de 2020 e de 21 de xaneiro de 2021 que aproban, respectivamente, os diferentes modelos de autoliquidación dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e sobre sucesións e doazóns, establecen nos artigos 16 e 14, de cada unha delas que, a documentación complementaria a que se refire o capítulo III de ambas as ordes, deberá achegarse no momento da presentación da autoliquidación.
 
Por tanto, nos casos en que haxa documentación complementaria que se deba achegar coa autoliquidación, é obrigación do presentador achegala no momento inmediatamente posterior á presentación da autoliquidación, accedendo a ESTA LIGAZÓN

Ata o venres 11 de marzo, a través deste servizo podíase presentar dita documentación complementaria sen límite de tempo desde a presentación da autoliquidación, no entanto, desde a devandita data, só permítese a presentación de documentación durante os 5 días naturais posteriores á presentación da autoliquidación. Desta forma, se transcorren máis de 5 días naturais desde a presentación da autoliquidación, xa  non se pode achegar.