Chega unha nova edición do Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal, a décimo quinta

XV Encontro Concursal

Organizado polo Consello Galego de Economistas, o Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal é un dos referentes en materia concursal a nivel nacional. Nesta décimo quinta edición, que se celebrará os días 28 e 29 de outubro en Santiago de Compostela, acompañarannos, como cada ano, expertos do ámbito xudicial, académico e profesional.

 
Baixo a lema “O concurso de acredores como antídoto para a recuperación económica”, falaremos fundamentalmente da utilidade do dereito concursal para a reactivación da economía das empresas e tamén das persoas, sen esquecernos de analizar como deveu este primeiro ano de aplicación do novo TRLC nin de avanzar as próximas reformas normativas.
 
Desde o Consello, despois de máis dun ano sen contacto persoal, quíxose  apostar pola convocatoria presencial, pero facilitando tamén a opción de poder asistir online. Elixe a modalidade de inscrición e benefíciache de desconto  matriculándoche antes do 1 de outubro.

Máis información

Programa

Inscricións (benefíciache de desconto  matriculándoche antes do 1 de outubro)