Celebrada a fase local da XII Olimpíada Galega de Economía, organizada polo noso Colexio e a UDC

27/04/2022
Olimpíada

A Universidade da Coruña e o noso Colexio organizaron o pasado 22 de abril a XII Olimpíada Galega de Economía, que constitúe a fase local da Olimpíada Española de Economía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta actividade está destinada aos estudantes de 2º de bacharelato matriculados na materia de Economía cuxo obxectivo é premiar o esforzo e a excelencia académica, así como establecer vínculos estables entre o ensino universitario e outros niveis educativos.

O noso decano, Miguel A. Vázquez Taín, xunto con Manuel Gómez, decano da Facultade de Economía e Empresa da UDC e Felipe rodriguez Hermida, presidente de AGAEDES, entregaron os premios nunha xornada cuxo vencedor resultou ser Lucas Estévez Campo, alumno de 2º de Bacharelato do IES Alexandre Bóveda, quen acudirá, xunto cos clasificados en 2º e 3º lugar, á fase final da Olimpíada que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xuño en Universidade Pablo Olavide de Sevilla.

No evento colaboraron, así mesmo, as Universidades de Santiago e Vigo, e contouse tamén coa participación da Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES).

Moita sorte para os nosos representantes na fase final!