Power BI Desktop. A nova dimensión na visualización dos datos. Nivel Introdución.
Power BI é un servizo de Microsoft para análise de negocio baseado na nube, que proporciona unha visión única dos datos de negocio máis críticos. Esta ferramenta de BI, permite controlar a indicadores clave dun negocio mediante cadros de mando en vivo, crear atractivos informes interactivos con Power BI Desktop e acceder aos datos en calquera lugar coas aplicacións nativas dos dispositivos móbiles.
O obxectivo deste curso é iniciar ao alumno no ecosistema das ferramentas POWER, centrando a atención na opción do POWER BI, facendo unha breve introdución aos procesos que nos levan á obtención do informe final cos novos elementos de visualización que permiten o consumo desa información a través dos cadros de mando avanzados (dashboards) de última xeración que poderán ser depositados na nube e, por tanto, ser consultados desde calquera dispositivo con conexión a Internet.
Este curso forma parte dun ciclo formativo no que profundaremos nesta ferramenta de Business Inteligence e coñeceremos as novas funcións da linguaxe DAX. Podes optar entre inscribirche a este curso, a calquera outro do ciclo ou ao ciclo completo (con desconto do 25%). Se queres coñecer o contido completo do ciclo pica AQUÍ.

Contenido
PROGRAMA:
1. ECOSISTEMA DAS FERRAMENTAS POWER
- EN EXCEL
- EN POWER BI
2. INTRODUCIÓN A POWER BI
- CONTAS
- OPCIÓNS E DIFERENZAS DA APLICACIÓN DE POWER BI: DESKTOP & MOBILE INTERFAZ XERAL
3. INTRODUCIÓN Á DEPURACIÓN E MODELADO DE DATOS
- CONEXIÓN A ORIXES DE DATOS
- INTRODUCIÓN Á DEPURACIÓN DE DATOS CO EDITOR DE CONSULTAS
▪ Técnicas básicas para a depuración ou transformación dos datos
- INTRODUCIÓN Ao MODELADO DE DATOS
▪ Introdución ás relacións
▪ Introdución ao Modelo de Datos
▪ Creación das primeiras funcións DAX
4. VISUALIZACIÓN E CREACIÓN DE INFORMES
- DISTINTOS TIPOS DE OPCIÓNS DE POWER BI DE VISUALIZACIÓN E DESEÑO: TORTAS, HISTOGRAMAS, CARTÓNS, MATRICES, GRÁFICOS COMBINADOS, MAPAS, …
- CREACIÓN DE INFORMES FINAIS
RELATOR:
Roberto Mediero Enesta. Diplomado en Estatística e Experto en Tecnoloxías da información e comunicación. Experto en formación matemática, estatística e ofimática.
Lugares de celebración
Online
Matricula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 160,00 euros
Outros participantes: 260,00 euros
Descontos (non acumulables):
- 10% segunda e sucesivas matrículas e persoal dos seus despachos
- 20% membros REA e EC
- 50% desempregados
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN