Liquidación do Imposto sobre Sociedades 2025

Mixto: presencial e Online
2 de xullo de 2025. 6 horas en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas
6

O obxectivo principal deste curso é coñecer, a través da exposición de supostos prácticos, as cuestións de índole especificamente contable-tributaria, que necesariamente deben terse en conta para elaborar a autoliquidación do Imposto.

A metodoloxía será eminentemente práctica, combinando un breve repaso ás novidades normativas coa análise de supostos seleccionados a partir de Sentenzas, Resolucións e Consultas representativas das materias máis relevantes. A través destes casos abordarase un catálogo de cuestións que veñen resultando, de forma reiterada, especialmente controvertidas na aplicación do imposto, entre outras as que se indican no programa, incorporando na súa análise os últimos criterios administrativos (Consultas da DXT e do TEAC) e os pronunciamentos jurisprudenciales (TS e TSJ), co fin de ofrecer unha visión clara e actualizada dos criterios interpretativos vixentes.

Modalidade
Mixta
Homologación
Auditores: 1 hora en contabilidade e 5 horas noutras materias. REC: 6 horas.
Formación

Contenido

Programa

  1. Introdución. Ferramentas. Novidades en modelo de declaración.
  2. Principais modificacións normativas operadas en 2025.
    1. Ampliación de porcentaxes na reserva de capitalización.
    2. Progresiva redución dos tipos de gravame para Pemes e Microempresas.
    3. Novos supostos de liberdade de amortización.
    4. Peculiaridades en relación coa tributación mínima.
  3. Esquema de liquidación do imposto.
  4. Contribuíntes particulares.
    1. Sociedades patrimoniais: concepto de actividade económica; tenencia e arrendamento de inmobles; dedución por dobre imposición.
    2. Empresas de reducida dimensión e Microempresas: incentivos fiscais.
    3. Grupos en consolidación fiscal.
  5. Principais axustes ao resultado contable. Recordatorio dos máis frecuentes:
    1. Imputacións temporais de ingresos e gastos. Principio de inscrición contable.
    2. Amortizacións: inmaterial; pemes; liberdade de amortización.
    3. Deterioracións do inmobilizado material e intangible: Límites á súa dedución fiscal.
    4. Deterioracións de existencias: cuantificación e axustes.
    5. Provisións. Deducibilidad.
    6. Gastos non deducibles: supostos dubidosos; xurisprudencia; liberalidades; representación. Casos prácticos.
    7. Reversión fiscal de axustes de períodos anteriores.
  6. Réxime FEAC. Últimos pronunciamentos TEAC.
  7. Reserva de Capitalización. Ampliación porcentaxes; redución prazo permanencia.
  8. Reserva de Nivelación.
  9. Compensación de bases impoñibles negativas. Necesidade da súa declaración previa.
  10. Tipos de gravame.
  11. Deducións na cota. Obrigación de consignación no exercicio da súa xeración.
  12. Operacións vinculadas. Valoración. Axustes bilateral e secundario. Condonación de créditos. Achegas de socios.
  13. Conclusións e recomendacións.

Relator

Javier Rodríguez Relea
Economista. Inspector de Facenda do Estado. Autor de manuais e relator de diversos cursos sobre o Imposto sobre Sociedades.

Lugares de celebración

Xoves, 2 de xullo de 2026. 6 horas en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 17:30 horas.

  • Presencial: sede do Colexio de Economistas (C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña (prazas limitadas segundo aforamento das instalacións, cubriranse por rigorosa orde de matrícula).
     
  • Online: videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación enviaranse as instrucións e a ligazón de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).  

Matricula

  • Colexiados A Coruña: 110,00 euros
  • Membros REAF: 125,00 euros
  • Outros colexiados: 135,00 euros
  • Outros participantes: 220,00 euros

Descontos (non acumulables):

  • Persoal despachos: mesma tarifa que o colexiado titular
  • 50% desempregados

PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Documentos