Cursos prácticos Fiscal, Laboral e Contable

E-Learning con sesións presenciais virtuais (a través de Zoom)
Do 16 de setembro ao 31 de outubro de 2024
Contabilidade 100h., Laboral 100h., IRPF 36h., IS 32h., IVE 32

Os cursos, cunha metodoloxía fundamentalmente práctica, abarcan os alicerces básicos da Asesoría Fiscal, Laboral e Contable. Coa realización dos cursos adquirirás as habilidades necesarias para afrontar os trámites administrativos que leva a xestión dun negocio. 

Obxectivos:

Tomando como punto de referencia a orientación práctica que se persegue, o obxectivo é facilitar as ferramentas e coñecementos para a xestión das obrigacións fiscais, laborais e contables dunha empresa.

Metodoloxía:

As clases desenvólvense en grupos reducidos e combina ensinos teóricos coa resolución de casos prácticos.

As sesións presenciais virtuais desenvolveranse os luns, martes e mércores. Ademais, gravaranse e poranse a disposición dos alumnos para a súa posterior visualización.

Cada un dos cursos forma parte dun curso máis amplo, o Curso de Especialización en Asesoría Fiscal, Laboral e Contable.

Expedirase diploma acreditativo por cada curso (requírese participar en polo menos o 75% dos contidos do curso e superar as probas propostas). Se o alumno, nesta, ou outras edicións, completa todos os cursos expedirase diploma acreditativo de “Especialización en Asesoría Fiscal, Laboral e Contable”.

As sesións presenciais-virtuais desenvolveranse nas seguintes datas e horarios:

Curso Asesoría fiscal, laboral y contable

 

Modalidade
E-learning
Formación

Contenido

Material e recursos didácticos:

  • Guía didáctica
  • Acceso á plataforma e-learning (Moodle)
  • Documentación explicativa (contidos teóricos, lexislación, etc.)
  • Documentación práctica
  • Acceso a programas informáticos A3Software (A3CON/ECO, A3NOM)
  • Manuais de uso das ferramentas informáticas de A3Sotware
  • Acceso a vídeos formativos das ferramentas informáticas de A3Sotware
  • Acceso a ferramenta informática para as sesións virtuais
  • Asesoramento posterior á conclusión do curso
  • Guía de uso da plataforma 

Dirixido a:

  • Economistas e Titulados Mercantís
  • Estudantes de Economía, ADE, Dereito, …
  • Persoas en procura de emprego
  • Persoas que dispoñen de pouco tempo aos que non lles motivan os cursos teóricos
  • Pequenas e medianas empresas
  • Administrativos
  • Avogados
  • Graduados sociais
  • Xestores administrativos

Profesor:

Óscar Rei Igrexas

Consultor Empresarial. Máster Trainer.
Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). 
A súa experiencia docente abarca diferentes institucións. Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 300 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 15.000 horas lectivas.

Lugares de celebración

E-Learning con sesións presenciais virtuais

Matricula

Curso Asesoría fiscal, laboral y contable
 

Inscricións:

  • Curso Contabilidade e Análise de Balances (pica AQUÍ).
  • Curso Xestión Laboral e Contratación (pica AQUÍ).
  • Curso Fiscalidade: Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas (IRPF) (pica AQUÍ).
  • Curso Fiscalidade: Imposto sobre Beneficios de Sociedades (IS) (pica AQUÍ).
  • Curso Fiscalidade: Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) (pica AQUÍ).


Acto de presentación:

Celebrarase un acto de presentación do curso a través de ZOOM o luns, 2 de septiembre, ás 20 horas. A ligazón de acceso é o seguinte: https://us06web.zoom.us/j/89742160719

A partir do martes, 3 de setembro, de luns a venres de 10 a 14 horas podes porche en contacto co profesor, Óscar Rei, a través do correo oscar.rey@ciee.es ou chamándoo ao 609 338 306.