Consello Galego de Economistas: XV Encontro en Galicia de profesionais do Dereito Concursal

Mixto: presencial e Online
28 e 29 de outubro 2021
11.75

Organizado polo Consello Galego de Economistas, o Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal é un dos referentes en materia concursal a nivel nacional. Nesta décimo quinta edición, que se celebrará os días 28 e 29 de outubro en Santiago de Compostela, acompañarannos, como cada ano, expertos do ámbito xudicial, académico e profesional.

 
Baixo a lema “O concurso de acredores como antídoto para a recuperación económica”, falaremos fundamentalmente da utilidade do dereito concursal para a reactivación da economía das empresas e tamén das persoas, sen esquecernos de analizar como deveu este primeiro ano de aplicación do novo TRLC nin de avanzar as próximas reformas normativas.
 
Desde o Consello, despois de máis dun ano sen contacto persoal, quíxose  apostar pola convocatoria presencial, pero facilitando tamén a opción de poder asistir online. Elixe a modalidade de inscrición e benefíciache de desconto  matriculándoche antes do 1 de outubro.

Homologación
11,75 horas homologadas en formación concursal polo REFOR | 11,75 horas homologadas en "outras materias" polo REA | 11,75 horas homologadas polo REC (Rexistro de Expertos Contables)

Lugares de celebración

Formato mixto:

- Presencial: 28 e 29 de outubro 2021

- Online

Matricula

Ata o 30 de setembro (prezo reducido):

Asistencia online:

- Colexiados: 290,00 euros

- Outros participantes: 430,00 euros

 

Asistencia presencial:

- Colexiados: 320,00 euros

- Outros participantes: 470,00 euros

 

Desde o 1 de outubro:

 

Asistencia online:

- Colexiados: 340,00 euros

- Outros participantes: 490,00 euros

 

Asistencia presencial:

- Colexiados: 370,00 euros

- Outros participantes: 530,00 euros

 

A inscrición inclúe:

Asistencia ás sesións e documentación (inclúe e-book facilitado por Tirant o Blanch).

En modalidade presencial: xantar do xoves 28 e coffee-breaks.


Descontos:


Ao persoal de despachos aplicaráselle  a mesma tarifa que corresponda ao colexiado titular.