Ciclo formativo sobre Power BI

Online
Outubro - Decembro 2022
50

Power BI é o nome colectivo para unha variedade de aplicacións e servizos baseados na nube que axudan ás organizacións a recompilar, administrar e analizar datos dunha variedade de fontes. Esta ferramenta de Business Inteligence permite controlar a indicadores clave dunha organización mediante cadros de mando en vivo, crear atractivos informes interactivos con Power BI Desktop e acceder aos datos en calquera lugar e desde calquera dispositivo.

O obxectivo deste ciclo formativo é comprender a ferramenta Power BI e ser capaz de afrontar o proceso completo que esta nos achega para a creación de informes e cadros de mando avanzados (dashboards) de última xeración. O alumno verá desde a obtención dos datos usando os distintos conectores que nos permiten obter datos desde diversas orixes, a depuración e o tratamento dos mesmos mediante o editor de consultas e, por último, o modelo dos datos que nos permite o establecemento de relacións entre as distintas táboas, así como a incorporación á táboa final de novos cálculos mediante as novas funcións da linguaxe DAX.

Posibilidade de inscrición ao ciclo completo ou individualmente aos webinar que sexan de interese para o alumno.

 

RELATOR:

Roberto Mediero Enesta. Diplomado en Estatística e Experto en Tecnoloxías da información e comunicación. Experto en formación matemática, estatística e ofimática.

Modalidade
E-learning
Homologación
Auditores: 50 horas en outras materias | REC: 50 horas
Formación

Contenido

CURSOS DOS QUE CONSTA O CICLO:

 

Power BI. A nova dimensión na visualización dos datos. (Nivel introdución)

Online | 4 sesións - 12 horas
24, 25, 26 e 27 de outubro de 16:30 a 19:30 horas.

Máis información

 

Power BI. A nova dimensión na visualización dos datos. (Nivel intermedio)

Online | 7 sesións  - 20 horas
14, 15, 16, 17, 21 e 22 de novembro de 16:30 a 19:30 horas.
23 de novembro de 17:30 a 19:30 horas

Máis información
 

Power BI. A linguaxe funcional DAX

Online | 6 sesións - 18 horas
13, 14, 15, 19, 20 e 21 de decembro de 16:30 a 19:30 horas.

Máis información
 

Lugares de celebración

Online

Matricula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 500,00 euros
Outros participantes: 810,00 euros

Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas 
  • 20% membros REA e EC e persoal dos seus despachos
  • 50% desempregados


PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN

Documentos