Ciclo formativo Excel Avanzado

Online
Abril - Setembro 2022 (48 horas)
48

Este programa de Excel avanzado está deseñado para profundar no coñecemento da ferramenta Excel, co obxectivo de optimizar a súa utilización permitindo tratar a información con precisión, axilidade e aplicación directa a todos os ámbitos do entoo económico-financeiro.
 
O ciclo componse de tres módulos, nos que se abordarán fórmulas e funcións avanzadas, manexo de datos e táboas dinámicas e construción de cadros de mando ou dashboard.
 
Impartirase en formato online con interacción directa do alumno mediante o desenvolvemento de casos prácticos que se realizarán durante as sesións.
 
En función do seu coñecemento previo e obxectivos, o alumno poderá optar entre a inscrición no módulo ou módulos do seu interese ou no ciclo completo (a inscrición no ciclo completo supón un 25% de desconto).

Modalidade
E-learning
Homologación
Auditores: 48 horas en outras materias | REC: 48 horas

Contenido

Relator

Roberto  Mediero Enesta. Diplomado en Estatística e Experto en Tecnoloxías da información e comunicación. Experto en formación matemática, estatística e ofimática.

Programa

Módulo 1 | Fórmulas e funcións avanzadas

27 e 28 de abril | 4, 5, 9, 10, 11 e 12 de maio

16 horas| 8 sesións - de 18:00 a 20:00  horas.

Máis información

 

Módulo 2 | Táboas dinámicas

13 ao 16 e 20 ao 23 de xuño

16 horas| 8 sesións - de 18:00 a 20:00  horas.

Máis información

 

Módulo 3 | Cadros de mando

12 ao 15 e 19 ao 22 de setembro

16 horas| 8 sesións - de 18:00 a 20:00  horas.

Máis información

Lugares de celebración

Matricula

Colexiados e persoal dos seus despachos: 450,00 €
Outros participantes: 720,00 €

Descontos (non acumulables):

  • 10% segunda e sucesivas matrículas e persoal dos seus despachos.
  • 20% membros REA e EC.
  • 50% desempregados.

Para consultar o importe de inscrición individualizada picar "Máis información" en cada un dos cursos.

Documentos