Ciclo Concursal | Seminario 8: O consumidor ante a reforma do TRLC

Mixto: presencial e Online
Luns, 19 de setembro de 2022
1.5
Modalidad
E-learning
Homologación
REFOR: 1.5 horas en materia concursal | Auditores: 1.5 horas noutras materias | REC: 1.5 horas

Contenido

A transposición da Directiva europea sobre restructuración e insolvencia ao ordenamento xurídico español aproxímase como un tsunami, introducindo novidades de tal calado que producen un cambio de paradigma no tratamento da insolvencia de empresas e consumidores.

O impulso á reestruturación temperá, o novo procedemento de insolvencia único para autónomos e microempresas de menos de 10 trabajadore; a reforma do réxime de segunda oportunidade;  e a introdución de cambios dirixidos a favorecer (i) a eficiencia do procedemento, (ii) a aprobación dun convenio en caso de entidades viables, (iii) a venda de unidades produtivas ou (iv) a liquidación  destacan entre as novidades que a nova norma (aprobada polo Consello de Ministros do pasado 21 de decembro) incorpora.

Para tratar de esclarecer o que este novo escenario vai supor para os profesionais forenses, e explorar as súas novas oportunidades, neste ciclo poremos o foco -dunha maneira práctica- nas cuestións máis transcendentais que esta reforma incorpora, prestando especial atención aos cambios ou novidades que poidan producirse durante a súa tramitación parlamentaria.

Relator

Álvaro Sendra Alviñana. Avogado. Doutor en dereito. Profesor Asociado na Universidade Jaume I de Castelló

Lugares de celebración

Os talleres impartiranse en formato mixto, podéndose optar pola asistencia presencial ou virtual, esta opción deberá realizarse no momento da inscrición.

  • Presencial: na sede do Colexio de Economistas (C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña (prazas limitadas segundo aforamento das instalacións, cubriranse por rigorosa orde de matrícula).
  • Online: transmisión por videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación enviaranse as instrucións e a ligazón de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).

 

Horario de todas as sesións
16:30 a 18:00 horas

Matricula

  • Colexiados e persoal dos seus despachos: 55 € (seminario) | 310 € (programa completo)
  • Membros REFOR e persoal dos seus despachos: 44 € (seminario) |248 € (programa completo)
  • Outros participantes: 88 € (seminario) | 496 € (programa completo)

*Desconto do 10% para segunda e sucesivas matrículas aplicable á tarifa colexiados e outros participantes.