Punto de Información Catastral (PIC)
O Colexio de Economistas da Coruña estableceu na súa sede colexial un Punto de Información Catastral, mercé ao Convenio asinado coa Dirección Xeral do Catastro. Este servizo, aberto ao público en xeral, permite consultar e a solicitude de certificacións de datos catastrais.
Canle ética
A Canle ética é unha ferramenta que permite a traballadores, particulares e provedores do Colexio de Economistas da Coruña informar ou denunciar de forma confidencial sobre calquera posible irregularidade ou incumprimento do Código Ético do Colexio de Economistas da Coruña.
Nota: esta canle non é o procedemento para presentar queixas contra colexiados pola súa actividade profesional, para tal fin está dispoñible o servizo de atención consumidores e usuarios.
Atención a consumidores e usuarios
De acordo coa lexislación estatal e autonómica reguladora dos colexios profesionais, o Colexio de Economistas ten entre os seus fins esenciais a protección dos intereses dos consumidores e usuarios dos servizos dos seus colexiados.