Revista 243 xaneiro 2026

XIV edición das Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade

Na primeira revista do ano levamos a portada a celebración da XIV edición das Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade, unha foto que ofrecerá respostas á complexidade normativa e á crecente esixencia na práctica profesional en ambos os ámbitos.

As entrevistas están protagonizadas por Pablo Rodríguez Gómez (Xerente do Parque Empresarial de Carballo) e polo noso compañeiro Pelayo Ventoso Fraile (DELEGA, Enxeñaría, Servizos e Consultoría).

Ademais das habituais reseñas de actualidade contable e fiscal, incluímos unha breve reseña dos acontecido no III Encontro de Expertos Contables, celebrado o pasado 21 de xaneiro na Coruña, e un artigo sobre a temática alí tratada titulado “O Experto Independente Contable no Ámbito Transaccional: Un Pilar de Seguridade e Confort no M&A”, a cargo de Paula Nogueira Costa (Vicesecretaria do Colexio de Economistas da Coruña e Directora Económica en FINSA).