USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 1.72Mb

Enquisas
Que accións formativas interésanche máis?

17/09/12 - (151 respostas)

ResultadosResultados

Outras enquisasEnquisas anteriores

Publicidad

Nova plataforma de formación online. Proximamente anunciaremos os cursos impartidos en formato non presencial.

Órganos de goberno

Xunta Xeral

A Xunta Xeral é o órgano supremo do Colexio, composto por todos os colexiados, que teñen dereito de asistencia con voz e voto a todas as reunións ordinarias e extraordinarias que se celebren.

A Xunta Xeral convócase con carácter ordinario dúas veces ao ano, de acordo cos Estatutos. A primeira, dentro dos seis primeiros meses, para coñecer a Memoria sobre actividades do ano anterior e aprobar, se procede, as contas anuais do exercicio anterior formuladas pola Xunta de Goberno. A segunda, dentro do último trimestre, para aprobar, se procede, o proxecto de orzamento ordinario de ingresos e gastos.

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno do Colexio de Economistas asume a plena dirección e administración do Colexio para a consecución dos seus fins, con arranxo ás facultades que ten atribuídas polos Estatutos. Está constituída por un decano-presidente, un presidente adxunto, catro vicedecanos, un secretario xeral, un vicesecretario, un tesoureiro, un contador e até vinte vogais, elixidos democraticamente por un período de catro anos.

Ademais da Xunta de Goberno do Colexio, as Delegacións do Colexio en Ferrol e Santiago están rexidas polas súas propias Xuntas de Goberno, tamén elixidas democraticamente, e cuxos cargos se renovan de forma simultánea á Xunta de Goberno do Colexio. Os presidentes das delegacións forman parte, con carácter de vogais natos, da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade