USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Servizos AEAT sociedades

 

O Colexio de Economistas da Coruña fai extensivos os beneficios do Convenio coa Axencia Tributaria (ver detalle) ás sociedades integradas por economistas colexiados.

 

 

Sociedades beneficiarias do Convenio

 

  • Directamente: todas as sociedades inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio, sen ningún tipo de restrición.

 

  • Previa solicitude: as sociedades que acrediten que polo menos o 50% do capital pertence a economistas ejercientes membros do Colexio, poderán solicitar a súa inscrición na relación de sociedades beneficiarias do Convenio. (Ver requisitos e solicitude de inscrición na área de documentos).

 

Procedemento para acceso aos servizos

1.- Inscrición na relación de sociedades beneficiarias do Convenio do Colexio de Economistas da Coruña coa AEAT (este paso non é necesario se a sociedade está inscrita no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio).

2.- Solicitude do certificado dixital que emite a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

3.- Impresión do código que xera a solicitude.

4.- Solicitude persoal nas dependencias da AEAT presentando a seguinte documentación:

  • Fotocopia CIF
  • Código de solicitude
  • Certificado do Rexistro Mercantil cos datos de constitución da sociedade e do nomeamento do administrador
  • Poder notarial específico para este trámite no caso de que non o realice directamente o administrador
  • Documento de adhesión ao Convenio de Colaboración do Colexio (descargar na área de documentos). 

 

5.- Descarga do certificado dixital directamente no mesmo computador no que se cursou a solicitude.

6.- Na páxina web da Axencia Tributaria solicitar: "Alta no censo de colaboradores sociais".

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade