18/04/13 - (465 respostas)
18/04/13 - (465 respostas)
Habitualmente o noso Colexio, grazas á colaboración cos Rexistros Mercantís da Coruña e Santiago, habilita as súas instalacións para facilitar a tramitación da legalización de libros e do depósito de contas aos seus colexiados, recollendo no seu tres sedes -A Coruña, Ferrol e Santiago- durante os meses de abril e xullo a documentación que haxa de presentarse en calquera dos dous Rexistros, con plena validez a efectos rexistrais.
Este servizo préstase exclusivamente para a documentación que se entregue en formato electrónico (CD ou DVD), o soporte papel ha de entregarse directamente nas sedes dos rexistros. Ademais é posible a presentación telemática a través da páxina do Colexio de Rexistradores www.registradores.org
Rexistro Mercantil A Coruña:
O Rexistro Mercantil da Coruña habilitou unha páxina web, baixo a seguinte dirección: www.registromercantilcoruña.es onde se pode atopar información acerca da oficina, descargar modelos de documentos para solicitar servizos, manuais para a presentación dos mesmos de forma telemática, solicitar certificacións e notas simples, así como realizar consultas que serán contestadas, o máis axiña posible, vía mail.
© 2007 Colexio da Coruña
C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | colegio@economistascoruna.org