USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Rexistro de Expertos Contables

O Rexistro de Expertos Contables (REC-CGE), órgano especializado do Consello Xeral de Economistas, iniciou unha nova andaina tras a unificación entre Economistas e Titulares Mercantís, continuando coa actividade desenvolvida desde 2008 con ECIF-CGEE e estudando a realización de novos servizos de utilidade para todos os seus membros.

O REC-CGE ten como obxectivo servir de canle e punto de unión entre as diversas actividades do Economista e a súa relación coa información financeira en xeral e a contabilidade en particular. Dedícase basicamente ao tratamento, estudo, análise, elaboración de informes técnicos, formación, emisión de opinións sobre todos os aspectos relacionados coa contabilidade e información financeira que afecten ou sexan prioritarios en cada momento para os colexiados e membros a este Rexistro.

Así, este Rexistro proponse:

• Analizar a normativa contable existente para propor melloras a través de informes, posicionamentos e recomendacións.

• Promover e desenvolver investigacións e estudos en materia de contabilidade e información financeira.

• Promover o debate e a creación de opinión en materia contable.

• Contribuír á actualización e ao perfeccionamento contable a través da formación, as conferencias, a evacuación de consultas en materia contable aos seus membros e as publicacións (Revista de Contabilidade e Dirección (RCD); newsletter INFORMAREC; documentos; libros; boletíns; base de datos de consultas resoltas (en fase de realización)).

• En relación coa contabilidade e información financeira, facilitar ao Consello Xeral, aos seus rexistros e aos Colexios o apoio científico e o asesoramento técnico naquelas funcións e actividades dos mesmos cando así o requiran.

• Colaborar co Consello Xeral no mantemento das relacións internacionais que este ten coas asociacións especializadas doutros países en materia de contabilidade e información financeira (EFAA, CILEA, FCM, ...).

• Colaborar con outras institucións ou entidades, tanto públicas como privadas, relacionadas coa contabilidade e información financeira. En relación coas públicas actuará coordinadamente co Consello Xeral, no marco da política xeral.

• Contribuír á mellora da imaxe dos profesionais da economía en xeral e dos da súa especialidade en particular e incrementar a súa presenza ante a sociedade, así como promover a acción dos Colexios de Economistas neste sentido.

• Calquera outra actividade que redunde en beneficio da contabilidade e información financeira e da xestión dos profesionais que traballan neste campo.

Neste sentido, destacar que servizos como o de resolución de consultas en materia contable a membros do Rexistro; o envío dun completo newsletter semanal e dun boletín trimestral; a realización de distintos materiais/documentos/libros que desde este Rexistro facemos (por exemplo o das memorias) foron especialmente valorados e recoñecidos recentemente por membros de REC-CGE a través da enquisa aos 2.000 membros cos que conta REC-CGE na actualidade.

A cota para os membros de REC-CGE é de tan só 25 €/ano.

Para ver todos estes servizos e moitos máis, desde a web de REC-CGE infórmase de maneira máis detallada: www.rec.economistas.es

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade