USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:

Certificados dixitais

*Durante o mes de agosto (do 4 ao 28 ambos inclusive) o Colexio permanecerá pechado por período vacacional, polo que se suspenderá a emisión de certificados dixitais

 

Segundo recolle a Lei 59/2003, de 19 de decembro, de Firma Electrónica, un certificado electrónico é un documento asinado electrónicamente por un prestador de servizos de certificación que vincula uns datos de verificación de firma a un asinante e confirma a súa identidade.

Un certificado electrónico garante a seguridade nas comunicacións e na identidade dos usuarios.

 

¿Quen pode solicitar os certificados electrónicos proporcionados polo Colexio?

  • Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas pertencentes ao Colexio de Economista da Coruña
  • Todas aquelas persoas xurídicas inscritas no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas da Coruña ou cuxo capital social pertenza, polo menos nun 50%, a colexiados ejercientes membros do Colexio

 

A prestación do servizo realizarase a través de dúas entidades:

 

 

 

 

 

É imprescindible a identificación física do solicitante na sede do Colexio.

O Colexio de Economistas da Coruña constituíuse en Oficina de Rexistro acreditada ante a FNMT para realizar as actividades de autoridade de rexistro, a efectos de acreditar a identidade cando se solicita ou renova un certificado dixital de persoa física da FNMT.

 

Os pasos a seguir para a solicitude do certificado de persoa física son os seguintes:

1. Consideracións previas e configuración do navegador

2. Solicitude vía internet do Código de Solicitude

3. Acreditación da entidade nunha Oficina de RexistroUnha vez solicitado o Código de Solicitude, deberás acreditar a túa identidade nunha Oficina de Rexistro. Ao constituírse o Colexio en Oficina de Rexistro acreditada ante a FNMT, os colexiados e os seus clientes poden acreditar a súa identidade na nosa sede, sita en C/ Cabaleiros, 29-1º

4. Descarga do Certificado

Cando a persoa que vai acreditar a identidade é un cliente, o colexiado deberá enviar antes un email a colegio@economistascoruna.org informando o nome e apelidos e número de DNI/NIE do cliente que vai desprazarse á sede do Colexio a acreditar a súa identidade.

 

PREZOS (IVE incluído)

 

 

 

 

 

FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): É62 0081 7610 7400 0176 2381

 

 

 

 

Certificados Dixitais por procesos telemáticos sen necesidade de deslazarse á sede Colexial.

O Consello Xeral de Economistas actúa como Autoridade de Rexistro e o Colexio de Economistas da Coruña actúa como Operador de Rexistro do Consello Xeral de Economistas para a xestión do ciclo de vida dos certificados

UANATACA é un Prestador de Servizos de Confianza Cualificados (PSC), de acordo co Regulamento (UE) Nº 910 / 2014 (eIDAS) sobre firma electrónica, selo electrónico e selado de tempo. Prestan servizos de hosting PKI, emisión e xestión de certificados dixitais, custodia centralizada de claves e firma electrónica remota a múltiples Prestadores de Servizos de Confianza no mundo.

As firmas e certificados dixitais de UANATACA están axustados á normativa europea polo que teñen idéntica validez aos emitidos pola FNMT.

 

TIPOS DE CERTIFICADO DIXITAL

Para reforzar a evidencia de identificación, necesaria para a emisión do certificado dixital, nalgúns casos, poderá requirirse o establecemento dunha videoconferencia.

  1. Certificado de persoa física cidadán (colexiado e cliente de colexiado)
  2. Certificados de persoa física colexiado. É un certificado de persoa física pero vinculado ao Colexio, con información do seu número de colexiado e colexio de pertenza
  3. Certificado de Persoa Física Representante de Persoa Xurídica ante as Administracións Públicas

 

CERTIFICADO PERSOA FÍSICA CIDADÁN

  • ¿Quen pode obter este certificado? Todos os colexiados e clientes dos devanditos colexiados
  • ¿Para que serve este certificado? Habilita a unha persoa física para presentar documentos no seu propio nome fronte a terceiros xa sexan a Seguridade Social, a Axencia Tributaria, etc. Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.) con Firma Avanzada

 

Documentación necesaria para COLEXIADOS:

  • Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
  • Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo

 

Documentación necesaria para CLIENTE DO COLEXIADO:

Toda a documentación deberá ser remitida polo colexiado, tanto a súa como a do cliente

a.-Do cliente do colexiado:

  • Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
  • Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo

 

b.- Do colexiado:

  • Designación de operador. Documento polo cal o colexiado se comprometa e fai responsable da identificación dos clientes. Modelo
  • Evidencia de identificación. O colexiado deberá acreditar a identificación do seu cliente. Modelo

 

PREZOS (IVE incluído)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): É62 0081 7610 7400 0176 2381

 

CERTIFICADO PERSOA FÍSICA COLEXIADO

  • ¿Quen pode obter este certificado? Todos os colexiados. É un certificado de persoa física pero vinculado á corporación, con información do seu número de colexiado e Colexio de pertenza.
  • ¿Para que serve este certificado? Do mesmo xeito que o resto de certificados de persoa física, habilita a unha persoa física para presentar documentos no seu propio nome fronte a terceiros xa sexan a Seguridade Social, a Axencia Tributaria, etc. Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.) con Firma Avanzada. Ademais, ten como singularidade e valor engadido a identificación profesional da súa colegiación.


Documentación necesaria:

  • Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
  • Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo

PREZOS
(IVE incluído)





















FORMA DE PAGO
:
 Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): É62 0081 7610 7400 0176 2381

CERTIFICADO DE PERSOA FÍSICA REPRESENTANTE DE PERSOA XURÍDICA ANTE As ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

¿Quen pode obter este certificado? 

  • Todas aquelas persoas físicas colexiadas no Colexio de Economistas da Coruña
  • Todas aquelas persoas físicas que sexan clientes dun colexiado inscrito no Colexio de Economistas da Coruña.

 

¿Para que serve este certificado? 

  • Habilita a unha persoa física para representar a unha persoa xurídica antes as Administracións Públicas
  • Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.)

 

Documentación necesaria:

Do usuario do certificado:

  • Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
  • Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
  • Documento acreditativo dos poderes de representación

 

Da Empresa:

  • O Colexio de Economistas da Coruña consultará no Rexistro Mercantil os datos da empresa. Se non fose posible conseguilo solicitaralle a seguinte documentación:
    • Escritura de constitución da sociedade
    • Certificado ou nota simple do Rexistro Mercantil cos datos relativos á constitución, NIF e personalidade xurídica da empresa (a data de emisión do certificado ha de ser inferior a 30 días)

Do Colexiado:

  • Designación de operador. Documento polo cal o colexiado se compromete e fai responsable da identificación dos clientes. Modelo
  • Evidencia de identificación. O colexiado deberá acreditar a identificación do seu cliente. Modelo
  • No caso de entidade non mercantil: Certificado de veracidade da información. Modelo

 

PREZOS (IVE incluído)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): É62 0081 7610 7400 0176 2381

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade