18/04/13 - (466 respostas)
18/04/13 - (466 respostas)
Mediante o convenio asinado entre o Consello Xeral de Colexios de Economistas e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC), os colexiados poderán realizar telemáticamente os trámites para a constitución de empresas desde os seus despachos profesionais, procedemento que reduce, na actualidade, os formularios necesarios para a constitución e posta en marcha das Sociedades Mercantís a un único formulario virtual, o Documento Único Electrónico (DUE).
O sistema aplícase á modalidade denominada Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE), e a calquera Sociedade de Responsabilidade Limitada.
O acordo enmárcase dentro das actuacións do MITYC no ámbito da creación de empresas. É unha iniciativa que ten por obxecto estimular a constitución por vía telemática de novas empresas a través dunha rede de oficinas denominadas PAIT (Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación), distribuídas por todo o territorio nacional e cuxa misión é prestar servizos de asesoramento e tramitación aos empresarios na constitución da súa empresa.
Para constituírse nun PAIT os economistas colexiados unicamente terán que darse de alta no Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITYC).
Ver sección documentos ao final da páxina
Ver sección documentos ao final da páxina
1. Descargar o formulario de solicitude, e envialo cumprimentado por correo electrónico ao Consello Xeral admon.consejo@economistas.org con copia a circe@circe.es.
2. O Consello remitirá a CIRCE a proposta de adhesión.
3.Unha vez recibida a solicitude do Consello, procederase ao rexistro do solicitante dentro de CIRCE dándolle acceso ao entorno de probas para a configuración da Ferramenta de Tramitación Telemática (PACDUE).
4. Alta no sistema e mapa PAIT.
5. Desde CIRCE presentaranse servizos de asistencia técnica e soporte á rede de PAITs no que se refire á atención de consultas e resolución dos problemas que xurdan no uso do Sistema de Tramitación Telemática, a través do Centro de Asistencia a Usuarios (CAU).
© 2007 Colexio da Coruña
C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | colegio@economistascoruna.org