18/04/13 - (337 respostas)
18/04/13 - (337 respostas)
O próximo 27 de setembro terá lugar en Santiago este evento, ao que todos os colexiados interesados en asistir podedes facelo de maneira gratuíta.
Para iso, é necesario rexistrarse na páxina web de APD (www.apd.es) e realizar a súa inscrición no 3º Congreso Nacional de CFOs (https://www.apd.es/congreso-nacional-cfos-2018/) e inserir o código de invitación que se atopa na última páxina deste DOCUMENTO informativo sobre o Congreso.
Deste xeito, a asistencia ao encontro é gratuíta, e unicamente ten custo o xantar que se celebrará durante o mesmo (50€/persoa, IVE incluído).
Todos os colexiados podedes gozar dun 8% de desconto na tarfifa deste evento introducindo o código: GC4szK (consultar en www.inspirationfive.com as distintas tarifas, que varían segundo o momento no que se realiza a inscrición, e sobre as cales se aplica devandito desconto).
Así mesmo, indicar que para facilitar a asistencia a FIVE existen Paquetes de viaxe con descontos especiais para os asistentes. RENFE aplica un desconto especial do 30% (Válido para viaxes realizadas entre o 04/10/2018 e o 08/10/2018.) e haberá prezos especiais para traxectos directos en autobús desde varias cidades de Galicia ata PALEXCO (A Coruña).
¿Que é FIVE?
Espazo Emociona presenta unha nova experiencia inspiradora para todas esas persoas que buscan ideas transformadoras, tanto para si mesmas como para as súas contornas persoais e profesionais.
FIVE reunirá a aquelas e aqueles que comparten a mesma curiosidade e paixón polo liderado, a innovación, a motivación e a intelixencia emocional nun día especial e histórico.
Da man de pensadoras, investigadores e especialistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, FIVE acollerá unha xornada única no noso contexto na que emocionarse, motivarse e inspirarse.
Unha experiencia para volver ilusionarse xunto a algunhas das mentes máis influentes da intelixencia emocional.
Consultas en info@inspirationfive.com.
O Colexio ha llegdo a un acordo co centro deportivo Coruña Sport Centre, en virtude do cal todos os colexiados poderanse beneficiar dun desconto nas súas tarifas e servizos.
Coruña Sport Centre responde a un novo concepto de centro deportivo na Coruña, cuxo obxectivo é facer gozar ao cliente facendo deporte, con todas as comodidades, nunha contorna que pretende favorecer o desenvolvemento das túas rutinas, tanto en fitness como en pádel.
Para coñecer máis a fondo CSC, visitar www.corunasportcentre.com
Ver condicións na sección "Documentos".
O Consello Xeral de Economistas ha llegdo a un acordo con Previsión Sanitaria, Servizos e Consultoría, respecto dun servizo de protección de datos en condicións vantaxosas para os colexiados.
Ver condicións na sección "Documentos".
Situado na localidade de Sanxenxo (Pontevedra) este hotel ofrece un 10% de descuanto no ano 2016 do ques e poden beneficiart todos os colexiados.
Consultar adxunto en sección Documentos.
A tan só 8 km. de Oviedo, este balneario ofrece agora en virtude do acordo alcanzado co Colexio, un 10% nas súas tarifas para colexiados e acompañantes.
Consultar adxunto en sección Documentos.
O Colexio asinou un convenio coa Cadea Hoteleira Meliá a través do cal todos os colexiados poden comezar a gozar de todas as súas vantaxes:
- 7% de desconto GARANTIDO en hoteis urbanos e vacacionais
- Programa de fidelidade Meliá Rewards.
- Condicións especiais para a organización das reunións e eventos da túa empresa
- Sen gastos de xestión
Inserir o Código de Empresa (consultar adxunto en sección Documentos). A xestión das reservas pode realizarse a través das seguintes canles:
· Call Center: Chamando ao 902 14 44 44
· Axencia de Viaxes Habitual.
Igualmente chegamos a un acordo co San Francisco Hotel Monumento, polo que se bonificará cun desconto do 10% sobre a tarifa vixente en aloxamento para a data solicitada, suxeito a dispoñibilidade, a todos os colexiados do Colexio Profesional de Economistas da Coruña. Esta tarifa non é acumulable a outras ofertas ou promocións especiais.
Situado a 150 m da Catedral, en pleno centro histórico de Santiago de Compostela, San Francisco Hotel Monumento ofrece aos seus clientes a tranquilidade e o silencio dun convento franciscano do Século XVIII combinados con todos os servizos e comodidades dun hotel de 4 estrelas. Piscina climatizada e jacuzzi con vistas ao Monte Pedroso, espazos históricos como o Patio de Cristal ou o Comedor Monumental, farán da súa estancia connosco un recordo inesquecible.
© 2007 Colexio da Coruña
C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | colegio@economistascoruna.org