18/04/13 - (479 respostas)
18/04/13 - (479 respostas)
HUB é a primeira escola de negocios dixitais de Galicia; un ecosistema dixital formado por profesionais, emprendedores, empresas e investidores. Constitúe o nexo de unión entre as mentes inquietas dispostas a xera valor e o coñecemento. Como o seu propio nome indica, HUB é un lugar de encontro para compartir proxectos, sabedoría, recursos……
Os seus alicerces son: A FORMACIÓN ESPECIALIZADA, polo cal a escola achega aos seus alumnos os coñecementos máis actualizados, da man dos mellores profesionais; a SELECCIÓN/OUTSOURCING, no que HUB funciona de ligazón entre talento e necesidades seleccionando os recursos máis adecuados para cada proxecto e a ACELERADORA DE PROXECTOS, por medio da súa aceleradora HUB apoia aos emprendedores en calquera das fases das súas ideas, tanto mediante un proceso de mentorización, acompañando ao emprendedor para facer a súa idea máis viable e sólida, coa cesión de espazos de traballo, e financiando os proxectos máis innovadores ou viables. Por último, HUB dispón dun espazo de COWORKING que reforza a súa aposta por un traballo colaborativo.
A raíz do convenio establecido co Colexio, os colexiados poderanse beneficiar das seguintes vantaxes:
- Un desconto do 15% sobre o prezo total de calquera dos cursos.
- Dúas bolsas TALENTO desconto do 50% sobre o prezo dos programas de longa duración, cada ano.
- Un desconto do 30% nas tarifas aplicadas ao uso dos espazos dedicados a co-working en HUB.
- Inclusión na súa bolsa de emprego a todos os colexiados do que o soliciten.
- Acceso prioritario á Aceleradora de Proxectos HUB.
- Asistencia preferente a todos os eventos (presentacións, master class, xornadas, etc) organizados por HUB.
© 2007 Colexio da Coruña
C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | colegio@economistascoruna.org