USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 1.72Mb

Enquisas
Que accións formativas interésanche máis?

17/09/12 - (149 respostas)

ResultadosResultados

Outras enquisasEnquisas anteriores

Filtrar:

Revistas publicadas

Revista  74 Setembro 2010

Revista 74 Setembro 2010

Xacobeo 2010: úneche á nosa celebración
No boletín de setembro anunciamos en portada a celebración do Xacobeo que realizaremos con ocasión do IV Encontro de Profesionais do Dereito Concursal que se celebrará en Santiago a finais de novembro. Así mesmo, avanzamos varias accións formativas ademais das nosas seccións habituais.

Revista  73 Agosto 2010

Revista 73 Agosto 2010

O Colexio renova a súa actividade formativa cunha ampla oferta
Avanzamos neste boletín a programación formativa do Colexio para este outono. O protagonista da entrevista é José María Fonseca Moretón, Presidente das Adegas Terras Gauda. Noutra orde de cousas, informamos da inminente migración do correo de economistas a Google, ademais das nosas seccións habituais.

Revista  72 Xullo 2010

Revista 72 Xullo 2010

O Colexio convoca os cursos superiores en auditoriía e fiscalidade 2010-2011
No boletín deste mes informamos acerca da nova convocatoria dos programas superiores do Colexio. Tamén vos contamos todo o acontecido na xornada de celebración de San Pablo, Patrón dos economistas, no transcurso da cal se distinguiu a Maite Cancelo, Decana da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago, como Economista do Ano. Ademais, entrevistamos a Joaquín Varela de Límia Cominges, Director Xeral do IGAPE.

Revista  71 Maio

Revista 71 Maio

San Pablo 2010: celebramos o noso Patrón
No boletín deste mes informamos acerca da próxima celebración de San Pablo, Patrón dos economistas, ademais de anunciar o nomeamento de Maite Cancelo, Decana da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago, como Economista do Ano. Así mesmo, máis información nas seccións fixas habituais.

Revista  70 Abril 2010

Revista 70 Abril 2010

Barómetro de Economía 2010: pulsamos a opinión dos colexiados
Neste número presentamos en portada a primeira entrega do Barómetro de Economía 2010 correspondente ao primeiro trimestre do ano. A entrevista protagonízaa nesta casión o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela García. Entre outras cousas ademais, informamos da entrega ao Colexio do Premio Fulget que nos concedeu a Facultade de Ciencias Empresariais da Universidade de Santiago.

Revista  69 Marzo 2010

Revista 69 Marzo 2010

Acordo entre ell Consello Galego e a Dirección Xeral de Xustiza para as actuacións xudiciais
No número de marzo, destacamos en portada o acordo subscrito entre o Consello Galego de Colexios de Economistas e a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia alcanzaron un acordo por medio do cal se garante aos economistas galegos a compensación económica pola asistencia xurídica solicitada a través da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia. O protagonista da entrevista é nesta ocasión Diego Comendador, Presidente do Comité de Formación do Consello Directivo do Rexistro de Economistas Forenses (REFOR) e Tesoureiro da Xunta Directiva do Colexio de Economistas da Coruña. A información de varias das Comisións colexiais así como outras seccións habituais completan o sumario.

Revista  68 Febreiro 2010

Revista 68 Febreiro 2010

Os honorarios orientativos do Colexio quedan derrogados
No número de febreiro, destacamos en portada a derrogación dos honorarios orientativos do Colexio a instancias da Lei Ómnibus (Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio) en vigor desde o pasado mes de decembro. O protagonista da entrevista é nesta ocasión José Ramón García González, Presidente e Conselleiro Delegado de Blusens Technology. A información de varias das Comisións colexiais así como outras seccións habituais completan o sumario.

Revista  67 Xaneiro 2010

Revista 67 Xaneiro 2010

Comezan as accións formativas 2010
No primeiro número do 2010, destacamos en portada o inicio do ciclo de accións formativas con 3 cursos previstos para febreiro e marzo. Así mesmo, destacamos o feito de que a revista dixital editada polo noso Colexio EAWP accedeu á prestixiosa Base de Datos Bibliográfica ECONLIT. O protagonista da entrevista é nesta ocasión Manuel Pardo Mosquera, Presidente Adxunto da Xunta de Goberno do Colexio. Vogal do Consello Directivo e Presidente de de o Comité de Normas e Procedementos do REA.

Revista  66 Decembro 2009

Revista 66 Decembro 2009

Entrega de diplomas das dúas primeiras promocións do Master en Fiscalidade e Tributación
No último número do ano levamos a portada o que deu de si o acto de entrega de diplomas das dúas primeiras promocións do Master en Fiscalidade e Tributación, celebrado o pasado mes de decembro na sede do Colexio. Así mesmo, ofrcemos un resumo do acto de entrega do Premio Economista do Ano, que recaeu nesta edición en Fernando González Laxe. A entrevista protagonízaa Jesús Sanmartín, Presidente do REAF, co que tivemos a ocasión de charlar nunha das súas recentes visitas ao noso Colexio.

Revista  65 Novembro 2009

Revista 65 Novembro 2009

Fernando González Laxe, Economista do Ano 2009
No nº de novembro levamos a portada a designación de Fernando González Laxe como Economista do Ano 2009, cuxo galardón recibirá o próximo 27 de novembro. En páxinas interiores, ademais das seccións habituais, facemos un repaso de todo o que deu de si o VIII Congreso Nacional do REAF celebrado a principios de mes, ademais de informar da renovación das listas do TAP.

Revista  64 Outubro 2009

Revista 64 Outubro 2009

O VIII Congreso Nacional do REAF abre as súas portas na Coruña
No nº correspondente ao mes de outubro levamos a portada o inminente comezo do VIII Congreso do REAF, que organiza o noso Colexio e que terá lugar os próximos días 4, 5 e 6 de novembro. A entrevista é protagonizada a dúas bandas nesta ocasión por Miguel Ángel Vázquez Taín, Presidente do Comité Científico do Congreso e Vicedecano do Colexio de Economistas da Coruña e Agustín Fernández Pérez, membro do Consello Directivo do REAF e Secretario Xeral da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña. Así mesmo, informamos da nova convocatoria de cursos b-learning para economistas e de accións formativas presenciais para o último trimestre de 2009.

Revista  63 Setembro 2009

Revista 63 Setembro 2009

Conta atrás para o inicio do VIII Congreso do REAF, organizado polo noso Colexio
No nº correspondente ao mes de setembro levamos a portada as últimas novidades achega do VIII Congreso do REAF, que organiza o noso Colexio e que terá lugar os próximos días 4, 5 e 6 de novembro. A entrevista protagonízaa nesta ocasión Octavio Granadeiro, Secretario de Estado de Seguridade Social. Así mesmo, informamos da nova convocatoria de cursos b-learning para economistas.

Revista  62 Xullo-Agosto 2009

Revista 62 Xullo-Agosto 2009

Cursos Superiores en Auditoría e Fiscalidade 2009-2010
No nº correspondente ao mes de xullo-agosto levamos a portada a nova convocatoria dos cursos de formación superior do Colexio. Así mesmo, facemos un resumo dos actos conmemorativos do XXX Aniversario e apuntamos o que dió de si a conferencia de Octavio Selecto, Secretario de Estado da Seguridade Social, celebrada o pasado 10 de xullo. A protagonista da entrevista é, nesta ocasión, Rosalía Mera, Presidenta da Fundación Paideia Galiza e flamante Colexiada de Honra do noso Colexio.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade