USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 3.46Mb

Enquisas
Que accións formativas interésanche máis?

17/09/12 - (180 respostas)

ResultadosResultados

Outras enquisasEnquisas anteriores

Filtrar:

Revistas publicadas

Revista  115 Maio 2014

Revista 115 Maio 2014

Roberto Pereira, homenaxeado na celebración de San Pablo
No número de maio levamos a portada a homenaxe que con ocasión da festividade de San Pablo realizaremos a quen no último 9 anos e ata uns poucos meses ocupou o cargo de Decano do Colexio, Roberto Pereira Costa, quen será distinguido como Colexiado de Honra. En páxinas interiores incluímos unha sentida homenaxe a Manuel Pardo Mosquera, Presidente Adxunto do Colexio, tristemente falecido hai escasa semanas. O propio Roberto Pereira, así como Miguel A. Vázquez Taín, decano do Colexio e José Antonio Lopez, Vicedecano, glosan a súa figura. Ademais das habituais seccións de reseña fiscal, contable e formativa, ofrecemos un adianto do que estamos a preparar para a celebración de San Pablo, patrón dos economistas. Por último sinalar que María Imelda Capote, Delegada Especial en Galicia da AEAT é a protagonista da nosa entrevista.

Revista  114 Abril 2014

Revista 114 Abril 2014

"Estou seguro de que o Deportivo celebrará o seu 200 aniversario"
Na revista correspondente ao mes de abril destacamos na portada a entrevista a Enrique Calvete, compañeiro colexiado, Tesoureiro da Deputación e desde xaneiro membro da nova Xunta Directiva do RC Deportivo como responsable da área económica. Ademais das habituais reseñas contable e fiscal e da sección formativa, informamos en contraportada achega do Rexistro de Economistas docentes e Investigadores, e do seu labor en aras ao recoñecemento destes profesionais docentes que se enmarcan na educación secundaria, universitaria e na formación continua que se realiza tanto nas escolas de negocio como en calquera empresa, asociación ou fundación cuxa actividade sexa a de formación en materia económica.

Revista  113 Marzo 2014

Revista 113 Marzo 2014

REC: velando polo recoñecemento profesional do experto contable
No número 113 correspondente ao mes de marzo levamos a portada o novo impulso que cobra o REC: Rexistro de Economistas Expertos Contables. Así mesmo, nas páxinas 4 e 5 deixamos algunhas consultas profesionais resoltas polo propio Rexistro. Ademais das seccións máis habituais, o protagonista da entrevista nesta ocasión é o colexiado Juan Amil, Director Genral Adxunto de Emalcsa. Por último resaltar que na sección de Lecer recomendamos a lectura de libro "Hei fracasaso e que?", de André Vanyi-Robin e Audrey Damas.

Revista  112 Febreiro 2014

Revista 112 Febreiro 2014

O director do FROB ofreceu unha conferencia sobre a reestruturación bancaria
No número de febreiro destacamos en portada a conferencia ofrecida polo director do FROB, Antonio Carrascascosa e que levou por título "A reestruturación bancaria no sistema financeiro español". Xa en páxinas interiores informamos os resultados da onda do barómetro de economía correspondente ao segundo semestre de 2013 e de todo o acontecido nas II Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade, organizadas polo noso Colexio. Ademais das seccións habituais, o protagonista da entrevista deste número é un economista que escribe novelas e relatos. ?Talvez son ambos, talvez ningún dos dous?, como gusta de dicir Fernando Trias de Bes. Unha interesantísima entrevista a un interesantísimo personaxe.

Revista  111 Xaneiro 2014

Revista 111 Xaneiro 2014

Baixada de tipos e eliminación de deducións fiscais, propostas de economistas para reforma fiscal
No primeiro número de 2014 destacamos en portada o informe remitido por lle REAF-REGAF á Comisión de expertos encargados da reforma fiscal: baixada de tipos e eliminación de deducións fiscais, propostas dos economistas. Iniciamos ademais neste número as entrevistas a colexiados, a cales intercalaremos con outros personaxes do ámbito económico. Abre o lume o compañeiro José Antonio Pena Beiroa, Director en DDC Consultores. Na habitual sección de formación, incluímos as II Xornadas Técnicas de Contabilidade e Fiscalidade, Técnicas para falar en público e o Taller: Faiche formador, cobran protagonismo. Ademais diso e das habituais reseñas fiscal, contable e os colexiados opinan, informamos da apertura da sede da delegación de Santiago na súa nova localización.

Revista  110 Decembro 2013

Revista 110 Decembro 2013

Reforma do sistema tributario: o noso colectivo opina
No último número de 2013 levamos a portada o informe realizado polo REAF que leva por título ?Por un sistema fiscal transparente, ordenado e previsible para o fomento da actividade económica? no que se realiza un diagnóstico da situación actual do sistema tributario español, reflexiónase sobre o mesmo e proponse 75 medidas para orientar a reforma. O noso último entrevistado do ano é José Antonio Canalejas, auditor de contas e recente incorporación á Xunta de goberno do Colexio. Ademais das reseñas habituais, informamos tamén da programación formativa de face aos primeiros meses do ano e incluímos na sección ?Os colexiados opinan? un interesante artigo titulado ?A quen podería interesar a falta de regulación da actividade de asesoría fiscal?? a cargo do colagiado José Antonio Pena Beiroa,

Revista  109 Novembro 2013

Revista 109 Novembro 2013

Entrevista a Fernando Ónega
No penúltimo número do ano levamos a portada a magnífica entrevista que nos concedeu o xornalista Fernando Ónega, cronista do últimas tres décadas no noso país. Ademais das nosas reseñas máis habituais, incluímos un artigo técnico titulado "Informe de auditoria de contas anuais de entidades en situación de disolución", cuxa autoría corresponde a María Camba Pardo, Auditora de Contas de AT Consultores &Auditores, S.L. E como sempre, o avance de formación dos próximos meses.

Revista  108 Outubro 2013

Revista 108 Outubro 2013

Miguel Anxo Vázquez Taín, novo Decano do Colexio
Miguel Vázquez Taín, profesor titular de Economía Pública e Sistemas Fiscais na Universidade de Santiago e ata agora vicedecano do Colexio de Economistas da Coruña, asume a substitución de Roberto Pereira no decanato do noso Colexio. Este retírase por motivos persoais despois de conseguir importantes avances para o colectivo de profesionais. Esa é a noticia destacada da revista de outubro. A protagonista da habitual entrevista é entrevista é nesta ocasión Raquel Rodríguez Espiño, Técnico de Control de Participadas de Xesgalicia. Ademais das seccións habituais e como queira que as pasadas semanas foron prolíficas en eventos formativos, neste número dámosvos conta de todo o sucedido nas Xornadas sobre a Fiscalidade dos Pactos Sucesorios, nas Segundas Xornadas Técnicas de Auditoría e no VII Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal.

Revista  107 Setembro 2013

Revista 107 Setembro 2013

7º edición do Máster en Fiscalidade e Tributación: talento e oportunidade
No número de setembro destacamos en portada o inminente inicio do Máster en Fiscalidade e Tributación, que cubrirá a súa 7ª edición. O protagonista da nosa entrevista é Jorge Borrajo, Economista, Auditor de Contas e Avogado, membro ademais da Xunta de Goberno do Colexio. Ademais das nosas seccións habituais, incluímos un novo artigo en "Os colexiados opinan".

Revista  106 Xullo-Agosto 2013

Revista 106 Xullo-Agosto 2013

A volta de vacacións vén cargada de formación
Na revista correspondente a xullo-agosto destacamos en portada a intensa actividade formativa que levaremos acabo á volta das vacacións. O noso entrevistado non é outro que Alex Rovira, empresario, escritor, economista, conferenciante internacional e consultor español, e considerado un gurú do que se deu en denominar ?psiconomía?. Destacamos así mesmo os resultados do ?Barómetro de Economía? correspondente aos meses de abril a xuño, a segunda onda deste ano, os cales parecen indicar un cambio de tendencia na percepción do estado da economía. Ademais das nosas seccione máis habituais, incluímos unha nova colaboración por parte dun compañeiro colexiado na sección ?Os colexiados opinan?.

Revista  105 Xuño 2013

Revista 105 Xuño 2013

Entrevistamos o Presidente de Economistas Fronte á Crise
No número de maio levamos a portada a entrevista que realizamos a Jorge Fraba Utray, Presidente de Economistas Fronte á Crise, quen nunha extensa entrevista, dános certas claves sobre a actual situación económica. Ademais das nosas seccións máis habituais, incluímos novamente unha colaboración dun colexiado nunha sección que se está animando nos últimos números: "Os colexiados opinan". Así mesmo realizamos a tradicional celebración da festividade de San Pablo, patrón dos economistas, que como todos os anos por estas datas serviu de xornada de unión e concordia entre os compañeiros.

Revista  104 Maio 2013

Revista 104 Maio 2013

Celebración de San Pablo, patrón dos economistas
No número de maio levamos a portada a tradicional celebración da festividade de San Pablo, patrón dos economistas, que como todos os anos por estas datas servirá de xornada de unión e concordia entre os compañeiros. O personaxe entrevistado nesta ocasión non é outro que o xornalista que en 2007 atreveuse a publicar na portada da Revista Capital un titular que daría moito que falar. José Luís Gómez, xornalista, editor de Mundiario.com e autor do exitoso libro ?Como saímos desta? brindounos unhas interesantísimas reflexións. Ademais das nosas seccións máis habituais, incluímos novamente unha colaboración dun colexiado nunha sección que se está animando nos últimos números: "Os colexiados opinan".

Revista  103 Abril 2013

Revista 103 Abril 2013

Entrevista a Guillermo da Dehesa
No número 103 correspondente ao mes de abril destacamos en portada a entrevista realizada a Guillermo da Dehesa, Presidente do CEPR (Centre for Economic Policy Research) o cal augura que a economía española crecerá en 2014 entre un 0,7% e un 0,8% e que en 2018 o crecemento será próximo ao 2%. Ademais das seccións máis habituais, incluímos un editorial a modo de homenaxe á figura de Ramón Tamames, falecido o pasado mes de febreiro, así como a reseña dos resultados do Barómetro de Economía correspondentes ao primeiro trimestre de 2013. Por último resaltar que na sección de Lecer recomendamos a lectura do libro "Eu precario", que relata as experiencias que viviu o seu autor, Javier López Menacho, cando, recentemente chegado a Barcelona, tivo que aceptar o primeiro traballo que lle ofrecesen, por precario que fose.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade