Non hai enquisas.

Non hai enquisas.

O pasado día 3 de decembro tivo lugar na sede do Colexio na Coruña a entrega do Premio IDEAS, que convocou por cuarta vez a Fundación Unha Galicia Moderna, entidade intimamente vinculada ao Colexio, e cuxo obxectivo é recoñecer as iniciativas dirixidas a impulsar o desenvolvemento da economía, así como promover e difundir a cultura emprendedora.
Alzouse co primeiro premio valorado en 6.000 euros "Nutrigenomia Technofoods", proposta empresarial de nutrición funcional que se concreta no estudo da predisposición xenética do individuo a padecer determinadas doenzas, co fin de proporcionarlle alimentos e complementos nutricionais que poidan evitar ou retardar as patoloxías ás que poida ser propenso. A promotora do mesmo, Dª Elda Mª Arana Bonilla expresou a súa gratitude á Fundación por iniciativas deste calado e ao xurado en particular "por premiar ideas que nun primeiro momento poden parecer tolemias."
O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi outorgado ao proxecto "Raisin Dor", presentado por Dª Mª Sonia Pérez Prieto, a cal agradeceu profundamente a concesión do galardón especialmente polo feito de premiar a mozos emprendedores. O proxecto consiste na produción e explotación de viño desalcoholizado e a obtención de novos produtos derivados do mesmo.
Por último, o terceiro premio, valorado en 1.000 euros, foi concedido ao proxecto "OnTouch", consistente na implementación dunha rede fixa de emisores bluetooth nas cidades de Galicia que permiten aos usuarios descargar nos seus móbiles todo tipo de información: turística, eventos da cidade, e outra serie de servizos como conexión en rede con outros usuarios de modo gratuíto. O promotor do mesmo, D. Carlos Chaves González expresou a súa satisfacción polo premio recibido, que dedicou a todas as empresas baseadas nas novas tecnoloxías, "moi necesitadas de confianza entre o gran público", declarou.
© 2007 Colexio da Coruña
C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Localización: Ver ubicacións
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | colegio@economistascoruna.org