Logotipo da escola de economistas de A Coruña
Zona Privada
usuario:
Contraseña:
emprégate!
Plataforma de elearning
Boletin "O Economista"

Último boletín Descarga o Boletín “O economista”.

pdf Descárgao 3.78Mb

Directorio de colexiados
Enquisas

Non hai enquisas.

Turno de actuación profesional

Requisitos

ESPAÑOLES E OUTROS CIDADáNS DA UNIÓN EUROPEA

Haberán de cumprir algunha das seguintes condicións:

  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de Doutor ou Licenciado en:
    • Ciencias Económicas e Empresariais.
    • Administración e Dirección de Empresas.
    • Economía.
    • Ciencias Actuariais e Financeiras.
    • Investigación e Técnica de Mercado.
    • Ciencias Políticas ou Económicas (Sección de Economía).
    • Ciencias Políticas, Económicas e Comerciais (Sección de Económicas e Comerciais).
  • Estar en posesión do título de Intendente ou Actuario Mercantil.
  • Que obteñan do Ministerio de Educación e Cultura a convalidación dun título estranxeiro por algún dos anteriores.
  • Que obteñan do Ministerio de Economía e Facenda o recoñecemento dun título dun país da Unión Europea, para o exercicio da profesión de Economista..
    (Sistema regulado pola Orde do Ministerio da Presidencia de 19 de Maio de 1995, que desenvolve o R.D. 1665/91, en aplicación da Directiva da UE relativa ao recoñecemento de títulos universitarios de máis de tres anos de duración).

 

ESTRANXEIROS, NON CIDADáNS DA UNIÓN EUROPEA

Han de cumprir unha das seguintes condicións:

  • Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos indicados no punto 1 anterior.
  • Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:
    • Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
    • Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade