USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.11Mb

Celebrado o IV Concurso infantil de postais do Nadal

23/12/2020

Nova: Celebrado o IV Concurso infantil de postais do Nadal

Aínda que por mor da pandemia non puidemos celebrar a habitual festa de entrega de agasallos, os pequenos artistas puxéronllo máis difícil que nunca ao xurado para elixir postais gañadoras de cada categoría.

Foron un total de 26 as postais presentadas este ano ao Concurso, divididas como sempre por idade en tres categorías, que foron valoradas polo xurado, composto polos membros da Xunta de Goberno do Colexio e polo patrocinador do evento, Parada Doce/Candy Cash.

O resultado das devanditas valoracións foi o seguinte:

• Gañador Categoría A, ata 4 anos: Sofía Barreiro López, de 4 anos

• Gañador Categoría B, de 5 a 8 anos: Diego Noguerol Feijóo, de 7 anos

• Gañadora Categoría C, de 9 a 12 anos: Dao González Vilanova, de 11 anos

De entre estas postais gañadoras, foi a de Dao González Vilanova a elixida finalmente como postal institucional do Colexio neste nadal.

A pesar de non celebrar a festa de entrega de obsequios, todos os participantes poden pasar pola sede do Colexio para recoller o diploma de participación e un obsequio, así como unha variedade de chuches a cargo de Parada Doce/Candy Cash. Como premio adicional, o tres postais gañadoras recibirán así mesmo un xoguete educativo acorde á súa idade.

Neste LINK podes ver un pequeno vídeo con todas as postais presentadas.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade