USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.32Mb

Os profesionais do ámbito concursal ponse ao servizo da sociedade para enfrontar a crise

05/10/2020

Nova: Os profesionais do ámbito concursal ponse ao servizo da sociedade para enfrontar a crise

Preto de 200 expertos do ámbito concursal déronse cita os pasado días 1 e 2 de outubro para asistir vía online á décimo cuarta edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, nunha edición que viu trasladada a súa tradicional sede Santiaguesa ao universo virtual a consecuencia precisamente da COVID. 

Organizado o Consello Galego de Economistas, e baixo o leitmotiv “Texto Refundido e outros grandes retos da Lei Concursal”, e cando se cumpre un mes exacto da entrada en vigor do Texto Refundido da Lei Concursal, promulgado polo RD lexislativo 1/2020, esta nova edición do Encontro centrouse particularmente en diseccionar esta nova normativa que deberá enfrontar un escenario dunha extraordinaria complexidade no medio da pandemia. 

Miguel A. Vázquez Taín, presidente do Consello, foi o encargado de conducir ao acto de apertura, no que tamén estiveron presentes Valentí Pich, presidente do Consello Xeral de Economistas, Alfred Albiol Paps, presidente do REFOR-CGE e Isaías González, codirector do Encontro. Taín mostrou o compromiso dos profesionais do ámbito forense coa sociedade “nuns momentos especialmente complicados”, ademais de asegurar que o obrigado formato online non minguará a calidade e o interese do que ano tras ano fai gala o Encontro. Pola súa banda, o presidente do Consello Xeral indicou nas súas palabras de benvida que existe a sensación de que a crise que vén é evidente, con cambios que a día de hoxe aínda non podemos albiscar, “e ante iso, como profesionais, correspóndenos estar preparados nunha tripla dirección: formación, ganas de traballar e predisposición para adaptarnos ao que veña”

Antes de dar paso á quenda de relatorios, que inaugurou o Catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense, Juana Pulgar Ezquerra, todos os intervinientes fixeron votos porque a edición de 2021 poida ser celebrada presencialmente. 

Ademais dos acordos de refinanciamento, a cargo de Juana Pulgar, ao longo da xornada do xoves cobraron tamén protagonismo asuntos como o impacto laboral na venda de unidades produtivas, a nova configuración do Plan de Liquidación, a transposición da nova Directiva de Insolvencia ou as medidas para desjudicializar os xulgados. Todo iso desenvolvido por primeiros espadas do ámbito da xudicatura como Emilio Palomo Balda, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, Pablo Arraiza Jiménez, Maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia Nº 8 e Mercantil de León ou Roberto Neno Estébanez, Maxistrado do Xulgado Mercantil Nº 8 de Barcelona, entre outros. 

O Encontro continuou o venres analizando cuestións como o crédito público no Texto Refundido da Lei Concursal, a conclusión e rendición de contas ou as garantías reais e concurso, asuntos que serán diseccionados, entre outros, por expertos da talla da Avogada da Estado Concepción Ordiz Fortes, o Maxistrado da Sección 4ª da Audiencia Provincial da Coruña, Pablo González-Carreró Fojón, ou a Maxistrada do Xulgado Mercantil Nº 1 da Coruña, Nuria Fachal Noguer.  

Así mesmo, no marco do Encontro foi presentado o Atlas Concursal 2020, elaborado polo Rexistro de Economistas Forenses. Na presentación, na que participaron novamente o presidente do Consello Xeral, Valentín Pich; o presidente do Consello Galego, Miguel A. Vázquez Taín; o presidente do REFOR, Alfred Albiol; o codirector do Encontro e membro do Consello Directivo do REFOR, Isaías González, e o secretario técnico do REFOR, Alberto Velasco, expuxéronse os últimos datos sobre as principais variables relacionadas coa insolvencia no noso país (concursos de acredores, mediacións, refinanciamentos, segunda oportunidade, pagos do Fogasa…), analizando a súa evolución temporal e establecendo comparacións entre Comunidades Autónomas, así como entre diferentes países da Unión Europea. 

Á vista dos devanditos datos, definíronse posibles ineficiencias e asimetrías dos nosos mecanismos de resolución de insolvencias e establecéronse propostas de mellora dos mesmos incidindo na especial conxuntura na que nos atopamos como consecuencia da pandemia e o parón da actividade regular da gran maioría das nosas empresas. Entre as conclusións e propostas de mellora que se poden extraer do Atlas Concursal, están as seguintes: 

· A empresa maioritaria en España no ámbito concursal segue sendo en 2019 a micropyme, que supoñen máis do 52% de total de concursos. O lexislador tería que ter en conta a particularidade de pemes e micropymes no ámbito concursal polo seu peso no noso tecido empresarial de maneira que se contemplen na próxima reforma concursal.

· En 2019, destacamos unha tendencia xeneralizada en Europa cara ao crecemento moderado de concursos de acredores e nalgúns casos decrecimiento: crecen en Reino Unido (4,6%), Dinamarca (18,4%) e España (3%), e diminúen en países como Portugal (-14%), Francia (-4,9%), Alemaña (-0,05%) e Italia (-0,04%). España con 4.464 concursos en 2019 ten un número de insolvencias inferior á doutras economías veciñas de Europa (Francia, máis de 52.000; Alemaña, uns 20.000; Reino Unido, máis de 18.000; Italia, máis de 12.000, e Portugal, máis de 5.000). É previsible un incremento concursal a finais de 2020 e especialmente en 2021, tras o fin de moratorias concursais existentes en diversos países.

· Prevese que o índice de insolvencia global alcance en 2021 o 35% para 2021, coa metade dos países rexistrando unha marca desde a crise financeira de 2009.

· Increméntanse os acordos de refinanciamento non homologados un 17% e un 10% os homologados. As correccións incluídas no TRLC e próxima transposición da Directiva de Insolvencia poden converter a estes acordos de refinanciamento e reestruturación en ferramentas fundamentais como alternativa ao concurso de acredores.

· As mediacións concursais de persoas físicas multiplicáronse case por 20 no intervalo 2015-2019, pasando de 210 a 3.970.

· Os pagos do FOGASA diminuíron en torno ao 16% en 2019 e o cociente que os compara co número de concursos de acredores (1,43) diminuíu un 12% con respecto a 2018. 

Polo que respecta a Galicia, con 232 concursos en 2019, ocupa a sexta posición de entre todas as comunidades autónomas, o que supón un incremento dos concursos do 11,5% respecto de 2018, porcentaxe que se sitúa por encima da media nacional. Por provincias, A Coruña ten o maior número de concursos (91) seguida de Pontevedra (58), Lugo (56) e Ourense (27). 

En definitiva, unha nova edición dun Encontro no cal os todos os profesionais do ámbito concursal mostraron a súa disposición para facer valer os seus coñecementos e o seu traballo, póndoos a disposición do conxunto da sociedade en aras a tratar de minorar os perniciosos efectos da crise á que nos abocou a pandemia.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade