USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.32Mb

O REAF recolle a opinión do colectivo sobre o noso Sistema Tributario

29/09/2020

Nova: O REAF recolle a opinión do colectivo sobre o noso Sistema Tributario

O pasado 22 de setembro tivo lugar a presentación da enquisa realizada polo REAF e o Instituto de Economía de Barcelona (IEB) na que se recolle a opinión do colectivo -máis de 5.000 economistas asesores fiscais- sobre o noso sistema tributario, a través de máis de 700 contestacións ao formulario proposto.

Na devandita presentación virtual participaron Valentín Pich, presidente do Consello Xeral, Agustín Fernández, presidente do REAF e Secretario Xeral da nosa Xunta de Goberno, José María Durán, director do Instituto de Economía de Barcelona e Alejandro Esteller, catedrático de Economía da Universidade de Barcelona e membro do IEB.

Entre as recomendacións que se realizan á vista dos resultados da enquisa, Agustín Fernández, destacou que “conviría facer unha análise custo-beneficio da dedución por investimentos en I+D+i, seguir reducindo o ámbito de aplicación do réxime de módulos, acometer a reforma da tributación da riqueza e que os lexislativos autonómicos teñan en conta que a normativa tributaria que aproban pode provocar o cambio de residencia dalgúns contribuíntes sen basearse en criterios económicos de localización de investimento ou negocio”. 

Outras recomendacións do REAF á vista da opinión dos seus membros sobre o sistema fiscal español son as seguintes: 

· Revisión da dedución por I+D+i no sentido de que esta actividade, de importancia capital nunha economía moderna, poida que deba ser incentivada doutra forma, e non fundamentalmente co beneficio fiscal regulado no Imposto sobre Sociedades.

· Redución da diferenza entre o tipo do Imposto sobre Sociedades e os do IRPF rebaixando estes, o que minoraría a fraude fiscal.

· Reducir, aínda máis, o ámbito de aplicación da estimación obxectiva no IRPF porque segue existindo unha opinión fundada de que este réxime especial pode fomentar a fraude.

· Tentar a simplificación do IVE e, agora que se baralla a posibilidade de que se produza unha subida de tipos neste imposto, hai que ter en conta que o incremento de recadación que iso poida supor verase minguado polo máis que probable incremento da fraude.

· Modular as diferenzas de tributación entre as distintas CCAA.

· A AEAT debería tentar cambiar a imaxe que presenta ao contribuínte de priorizar os fins recadatorios sobre os de xustiza tributaria.

· Tanto a AEAT como as CCAA deberían modular o progresivo endurecemento observado nas actuacións de comprobación, sobre todo en vía de xestión.

· Deberíase tentar que a normativa tributaria fose máis estable, estivese redactada con maior claridade e adiantar o máis posible a súa interpretación, e facer, ademais, un esforzo de explicación da mesma e das razóns da súa implantación ou das modificacións que se deban realizar nelas.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade