USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.14Mb

Agustín Fernández Pérez, novo presidente do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF)

06/07/2020

Nova: Agustín Fernández Pérez, novo presidente do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF)

O pasado 3 de xuño, o Pleno do Consello Xeral de Economistas aprobou o nomeamento de Agustín Fernández Pérez como Presidente do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF). Deste xeito, Agustín Fernández, que xa formaba parte do Consello Directivo como vogal desde o ano 2007, substitúe na presidencia do REAF a Jesús Sanmartín, que deixa voluntariamente o seu cargo tras dous mandatos e medio nos que logrou situar á entidade como referente indiscutible no ámbito fiscal, cunha impecable e extensísima labor de servizo aos seus membros e á sociedade.

Aínda que o nomeamento fíxose oficial o pasado 3 de xuño, o mesmo deuse a coñecer no marco da presentación telemática do documento Declaración de Sociedades 2019 -informe elaborado polo propio REAF, do que vos informamos nas páxinas 12 e 13- que tivo lugar o pasado día 18 de xuño, na cal Agustín Fernández xa exerceu como presidente dos fiscalistas de Consello Xeral de Economistas.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña e Socio da empresa Auditoría Diagnóstico Empresarial S.L. (AUDIESA), Agustín Fernández é actualmente Secretario Xeral do Colexio de Economistas da Coruña, a cuxa Xunta de Goberno leva máis de 20 anos vinculado, exercendo, ademais, como responsable da área fiscal e Director do Máster en Fiscalidade e Tributación do Colexio, que el mesmo puxo en marcha en 2007.

O Rexistro de Economistas Asesores Fiscais, cuxa presidencia asume Fernández, é un órgano especializado do Consello Xeral de Economistas, creado para coordinar a actividade dos profesionais da economía nos temas relacionados directamente co exercicio profesional da Asesoría Fiscal. Na actualidade, o Rexistro está constituído por máis de 6000 Economistas Asesores Fiscais pertencentes aos 70 Colexios de Economistas e Titulares Mercantís de España.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade