USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.01Mb

Presentación Informe Declaración de Renda e Patrimonio 2019

24/04/2020

Nova: Presentación Informe Declaración de Renda e Patrimonio 2019

O Consello Galego de Economistas, xunto cos Colexios de Asturias e Cantabria presentou esta mañá o documento técnico Declaración de Renda e Patrimonio 2019, que elabora por trixésimo primeiro ano consecutivo o Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF-CGGE) e no que se analizan as novidades estatais e autonómicas desta campaña de declaracións, que neste exercicio vén marcada pola crise do COVID-19.

Na comparecencia telemática, o presidente do REAF, Jesús Sanmartín e o vogal do Consello Técnico do REAF, Agustín Fernández, resaltaron as poucas novidades desta campaña, que consisten, por unha banda, no incremento de 12.643 a 14.000 euros do importe máximo dos rendementos do traballo, cando se ten máis dun pagador, para non ter que declarar; e, por outro, nalgúns cambios na xestión do imposto como ter que encher máis datos polos propietarios de inmobles alugados e polos empresarios e profesionais. Tamén se dan 60 recomendacións para que os contribuíntes non cometan erros ou poidan rebaixar a cota a pagar. 

No tocante á nosa Comunidade, o noso decano e presidente do Consello Galego, Miguel Vázquez Taín, destacou que Galicia se volve a situar entre as CCAA cunha fiscalidade máis favorable para os cidadáns coa renda máis baixa. Concretamente, no suposto de rendas brutas do traballo para un contribuínte solteiro/solteira, menor de 65 anos e sen fillos que obtén unicamente rendas do traballo, o importe retido a un residente da nosa Comunidade é de 887,78 euros, no tramo de ata 16.000 euros, fronte aos 1.179,80 euros no caso de Navarra ou os 1.120 euros no caso do País Vasco. No tramo de ata 20.000 euros, un contribuínte galego pagará 2.327,50 euros, fronte aos 2.510,70 euros de Cataluña, os 2.394,10 euros de Aragón ou os 2.382,63 euros das Illas Baleares. 

No Imposto sobre o Patrimonio Galicia tamén se sitúa á parte baixa no que a presión fiscal refírese. Deste xeito, un contribuínte cun patrimonio valorado, de acordo coas normas do imposto, en 800.000 euros -en cuxo importe xa non se teñen en conta os 300.000 euros exentos da vivenda habitual-  pagará 1.164,37 euros se é aragonés e 1.099,31 se é estremeño, fronte aos 200 euros que terá que tributar un galego. 

Así mesmo, a nosa Comunidade, en uso das competencias cedidas, regulou deducións propias na cota íntegra autonómica do IRPF. Entre as máis destacadas, sinalar un aumento do 10% -do 20% ao 30%- na dedución das cantidades investidas durante o exercicio na subscrición de accións ou participacións de sociedades anónimas, limitadas, anónimas laborais ou cooperativas; ou a dedución do 25% (cun límite do 10% da cota íntegra) dos donativos monetarios que se fagan a favor de centros de investigación adscritos a universidades galegas e dos promovidos ou participados pola Comunidade Autónoma de Galicia que teñan por obxecto o fomento da investigación científica e o desenvolvemento e a innovación tecnolóxicos, que neste exercicio amplíase a aqueles donativos realizados a favor de entidades sen ánimo de lucro acollidas á lei 49/2002, a condición de que estas últimas teñan a consideración de organismo de investigación e difusión de coñecementos.

O contido íntegro do informe atópase a disposición para a súa descarga na Biblioteca Web (Cartafol, Declaración da Renda 2019).

 

*captura da presentación telemática do Documento Declaración da Renda e Patrimonio 2019

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade