USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.05Mb

Barómetro de Economía: presentación dos resultados do segundo semestre de 2019

22/01/2020

Nova: Barómetro de Economía: presentación dos resultados do segundo semestre de 2019

Os economistas galegos móstranse divididos ante o feito de como afectará o crecemento económico a formación do novo goberno para este ano. Mentres que o 54% dos enquisados cre que afectará negativamente, un 26% considera que o fará de maneira positiva e un 19% cre que non afectará. Segundo a súa situación laboral, son os empresarios e os traballadores por conta propia os que inciden nos efectos negativos que para o crecemento económico terá a formación de novo goberno, cun 58%, fronte aos asalariados do sector público (64%) e os xubilados (40%) que valoran os efectos positivos.

Tendo en conta nesta cuestión a provincia de residencia, son os entrevistados residentes na Coruña os que se inclinan polos efectos positivos, cun 35%, seguidos dos de Lugo (26%) e os de Pontevedra (20%), mentres que os economistas residentes en Ourense, con 67% reflicten os valores máis altos ao considerar que a formación de novo goberno afectará negativa ou moi negativamente ao crecemento económico.    

Os datos despréndense dos resultados do “Barómetro de Economía” correspondente ao primeiro segundo de 2019, realizado polo Consello Galego de Economistas, órgano que aglutina aos colexios de economistas do catro provincias. O estudo recolle a opinión do colectivo de colexiados economistas galegos en relación a parámetros crave da economía provincial, rexional e nacional. O traballo destaca pola súa actualidade posto que se realizou ao longo do mes de decembro.

No acto de presentación celebrado esta mañá en Lugo participaron a directora do estudo, María Jesús Freire Seoane, profesora titular do departamento de Análise Económica na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e Venancio Salcines, director da publicación. Tamén asistiron o presidente do Consello Galego, Miguel Vázquez Taín, e o decano do Colexio de Economistas de Lugo e vicepresidente 2º do Consello, Salustiano Veo Sabín, quen exerceu de anfitrión.

Política enerxética do novo goberno

Enquisados sobre como afectará a política enerxética do novo goberno á industria electrointensiva, o 49% dos economistas opina que afectará de forma negativa a esta industria, mentres que un 18% opina que influirá de forma positiva e un 26% que non afectará. Son os colexiados de Lugo os que maioritariamente opinan que a política que desenvolva o novo goberno afectará negativamente á industria electrointensiva, cun 63%, mentres que os de Pontevedra rexistran o dato máis baixo en sentido negativo (39%).

Factores que afectan á competitividade

Aos colexiados tamén se lles preguntou a súa opinión sobre un dos temas máis relevantes da actualidade económica, que non é outro que os factores que afectan á competitividade. Sobre os ítems ofrecidos, os economistas opinan que factor máis influente na competitividade é o I+D+i, seguido da formación e o prezo da enerxía. O cuarto, quinto e sexto lugar ocúpano, por esta orde, o nivel de consumo, o acceso ao financiamento e a presión fiscal, mentres que o tres factores que menos se indican como influentes na competitividade son a fraude, os custos salariais e o paro.

Consumo familiar e crecemento económico

Inquiridos sobre a moderación do consumo familiar como  unha das causas do arrefriado económico, o 58% dos entrevistados opina que o consumo familiar mantense en taxas similares ás do ano pasado, mentres que o 20% sostén que creceu respecto ao do ano pasado e que non afectará á recesión da economía. A situación se polariza atendendo á situación laboral do entrevistado: mentres que os parados, cun 32% e os empresarios por conta propia, cun 27%, opinan que o consumo decreceu de modo significativo, son os asalariados do sector público (9%) e os do sector privado (17%) os que consideran rexistran valores máis baixos neste sentido.

Por último, e en relación coa situación da economía galega, os entrevistados teñen unhas expectativas de futuro sobre a situación económica da Comunidade Autónoma peores que no presente, sendo os empresarios e/ou os traballadores por conta propia os que en maior medida opinan que a situación da economía de Galicia vai a emporar no futuro, mentres que os parados teñen mellores expectativas opinando que a economía galega vai mellorar dentro de 6 meses.

DESCARGAR Barómetro en PDF

VER en formato Revista

 

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade