USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.98Mb

Entrega de Premios do III Concurso infantil de postais do Nadal

26/12/2019

Nova: Entrega de Premios do III Concurso infantil de postais do Nadal

O pasado 23 de decembro tivo lugar na sede do Colexio a entrega de premios do III Concurso infantil de Postais de Nadal. Unha xornada festiva e entrañable na que os, protagonistas foron os máis pequenos.

O decano do Colexio oficiou de mestre de cerimonias presentando -coa axuda dunha proxección- as 28 postais presentadas este ano ao concurso, as cales, divididas por idade en tres categorías, foron valoradas polo xurado, composto polos membros da Xunta de Goberno do Colexio e polo patrocinador do evento, Parada Doce/Candy Cash.

O resultado das devanditas valoracións foi o seguinte:

· Gañador Categoría A, ata 4 anos: Manuel Carrillo García, de 2 anos

· Gañador Categoría B, de 5 a 8 anos: Francisco Hermo Moroño, de 8 anos

· Gañadora Categoría C, de 9 a 12 anos: Alba Vázquez Santiso, de 9 anos

 

De entre estas postais gañadoras, foi a de Manuel Carrillo García a elixida como postal institucional do Colexio neste nadal.

Ademais dunha variedade de chuches a cargo de Parada Doce/Candy Cash, todos os participantes recibiron un diploma de participación e un obsequio. Como premio adicional, o tres gañadoras recibiron así mesmo un xoguete educativo acorde á súa idade.

Á finalización da entrega de premios todos os adultos e pequenos gozaron dun ágape do Nadal na mesma sede colexial.

Debaixo, na sección "Documentos" pódense ver todas as postais presentadas.

 

*Os gañadores pousan cos seus obsequios

 

 

Documentos

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade