USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.74Mb

O Colexio La Salle de Santiago, gañador da fase provincial de Torneo de Debate Económico

29/10/2019

Nova: O Colexio La Salle de Santiago, gañador da fase provincial de Torneo de Debate Económico

Os pasados días 23, 24 e 25 de outubro tivo lugar a Fase Provincial coruñesa do Torneo Nacional de Debate Económico para alumnos de Bacharelato, organizada polo noso Colexio. Foron tres días de interesantísimos debates que concluíron coa vitoria do Centro La Salle, de Santiago.

Cinco centros e un total de seis equipos participaron nesta fase provincial, cuxas eliminatorias previas se desenvolveron na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña e en Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, respectivamente. 

Tras dous intensos días de eliminatorias e debates previos, o venres 25, o Concello coruñés acolleu ao catro equipos clasificados –Colexio Calasanz Escolapios, IES Ramón Menéndez Pidal e os dous equipos presentados á competición polo Colexio La Salle, de Santiago- que se enfrontaron na modalidade “todos contra todos” para decidir aos dous finalistas, que resultaron ser precisamente os dous equipos do Colexio La Salle.

A pregunta ao redor da cal debateron os alumnos -única para as fases provinciais e para a fase final nacional- será: ¿Serán favorables os efectos da dixitalización sobre a creación e mantemento do emprego?

O xurado desta final provincial estivo formado polo decano do Colexio de Economistas, Miguel A. Vázquez Taín e algúns membros da súa Xunta de Goberno; Eva Martínez Acón, Concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo do Concello da Coruña; Mila Sieiro Constenla, vicedecana de Economía, Servizos e Infraestruturas da Facultade de Economía da Universidade da Coruña; e Álvaro Jiménez, en representación de Mediamarkt A Coruña, partner tecnolóxico do evento.

Estes, na súa decisión final, valoraron aspectos como a variedade dos argumentos e o emprego de evidencias, a naturalidade e expresividade dos oradores, a creatividade expositiva e riqueza lingüística empregada, así como o contacto visual e dominio do espazo ou a concesión de interpelacións e respostas.

Á finalización do debate final, celebrado no Salón de Plenos do Concello, o decano do Colexio quixo agradecer aos centros participantes, a colaboradores e ao xurado polo apoio a esta iniciativa á que o noso Colexio se sumou de maneira entusiasta, e cuxo obxectivo non é outro que “tratar de espertar o interese pola economía entre os máis novos”, sinalou. “Saber de economía non é labor tan só dos economistas, senón de toda a sociedade”, finalizou.

Pola súa banda, Eva Martínez Acón destacou nas súas palabras o nivel dos debates e congratulouse de poder asistir a unha competición “na que resulta imprescindible saber conxugar verbos como escoitar e argumentar, tan importantes hoxe en día na nosa sociedade”.

Quixo pór en valor ademais as “grandes reflexións” que sobre o asunto da dixitalización e o emprego puido escoitar –“as cales me virán moi ben, pois a miña concellaría leva tamén a área de innovación”– Eva Martínez desexou moita sorte ao equipo gañador para a fase final nacional: “A nosa provincia leva moi boa representación”, indicou.

 

O equipo gañador do Colexio La Salle pasa agora a formar parte dos 20 equipos que disputarán a fase final nacional, organizada polo Consello Xeral de Economistas, que se celebrará os días 26 e 27 de novembro na sede madrileña do Banco de España.

 

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade