USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 4.33Mb

Celebrada a II Xornada de Auditoría do Sector Público en Galicia

16/09/2019

Nova: Celebrada a II Xornada de Auditoría do Sector Público en Galicia

O pasado 13 de setembro celebrouse a II Xornada de Auditoría do Sector Público, organizada polo noso Colexio xunto con FIASEP, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Rexistro de Auditores de Contas do Consello Xeral (REA-CGE).

Recollendo a testemuña e o éxito da I Xornada de Auditoría do Sector Público celebrada o pasado ano, un centenar de funcionarios (interventores e tesoureiros da administración autonómica e local) e profesionais do sector da auditoría déronse cita na sede compostelá da EGAP para asistir a esta segunda edición, que pivotó sobre a experiencia e particularidades detectadas no primeiro ano de aplicación do Real Decreto 424/2017, de 28 de abril -polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do Sector Público Local- e sobre a adaptación da NIA-É ao Sector Público, entre outros temas de indiscutible interese para os profesionais da auditoría.

Interviñeron como relatores para desenvolver as ditas materias, Cándido Gutiérrez García, auditor nacional director de Equipos da ONA (Oficina Nacional de Auditoría), que disertou sobre a citada adaptación da NIA-É ao Sector Público; Eloy Morán Méndez, auditor da área de Institucional do Consello de Contas de Galicia e Concepción Campos Acuña, secretaria de Goberno Local do Concello de Vigo, que abordaron o Compliance no Sector Público; Juan Bautista Suárez Ramos, viceinterventor  da Deputación da Coruña, e Begoña Villaverde Gómez, conselleira da área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia, que centraron a súa intervención na problemática que rodea á aplicación do mencionado Real Decreto 424/2017. 

O decano do noso Colexio, Miguel A. Vázquez Taín, estivo acompañado na apertura da Xornada por Almudena Chacón Pichel, interventora xeral da Xunta de Galicia; Miguel Anxo Cabezas de Herrera Pérez, presidente da Fundación FIASEP e José CanalejasCouceiro , membro do Comité de Auditoría do Sector Público do REA-Auditores e director da Xornada.

Ademais de Taín, participaron no acto de clausura Constantino Carreiras Souto, Conselleiro do Consello de Contas de Galicia da área de Conta Xeral, Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e Emilio Álvarez Pérez-Bedia, presidente do Comité de Auditoría do Sector Público do Rexistro de Economistas Auditores de Contas do Consello Xeral de Economistas, que foi o encargado de presentar as Guías REA-Auditores do Sector Publico.

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade