USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.38Mb

Almorzos electorais: Jorquera presentou o programa económico do BNG no Colexio

15/05/2019

Nova: Almorzos electorais: Jorquera presentou o programa económico do BNG no Colexio

O terceiro encontro cos candidatos e candidatas á alcaldía da cidade coruñesa estivo protagonizado por Francisco Jorquera, cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego.

O líder do BNG iniciou a súa exposición realizando un diagnóstico da situación da economía da comarca, “en cuxo potencial para ser motor económico de Galicia cremos firmemente, polo que estamos moi preocupados pola perda de impulso económico nestes últimos anos”, indicou.

Entre os motivos que motivaron esta perda de liderado económico da cidade, citou en primeiro lugar o impacto da crise económica, “que se cebou especialmente con Galicia e particularmente coa Coruña, concretada na perda da galeguidade de empresas punteiras como Fenosa ou R, ou a perdida da cidade da súa condición de sede financeira galega a consecuencia  do modelo de concentración bancario que se realizou a nivel nacional”.

Indicou como outras causas a errónea e errada aposta por un modelo económico baseado case na hiperespecialización no sector servizos, baseado na vivenda nova e os centros comerciais, así como a desatención ao sector industrial.

“¿E que facer fronte a isto?”, cuestionouse Jorquera. Aínda que admitiu que hai certas políticas que exceden ás competencias dos gobernos locais, “si que existe unha marxe de potencialidade que debería explotarse por parte do Concello, e neste sentido o BNG pretende deseñar un plan articulado nun permanente diálogo con diferentes interlocutores, como os axentes sociais, a Universidade, o  resto de administracións e concellos”. Trataríase, segundo indicou Jorquera, dun Consello Económico e Social, como foro permanente de diálogo con todos eses entes, “onde podería encaixar perfectamente unha institución como o propio Colexio de Economistas”.

En canto aos eixos básicos dese plan de actuación, sinalou os seguintes:

- A reactivación do obsoleto sector industrial da comarca.

- A achega de coñecemento ao tecido produtivo, “cun papel destacado neste ámbito da Universidade”.

- Potenciar a denominada Economía Azul, concretada na posta en valor do sector portuario, pesqueiro e todo o relacionado co mar.

- Proxectar a cidade como capital da moda galega, recuperando a súa imaxe de marca aproveitando o factor Inditex.

- Revitalización do pequeno comercio (“pecharon oitocentos locais nos últimos anos, o que non só supón a perda de postos de traballo senón que tamén inflúe no feísmo da cidade”).

“E este plan hai que executalo coa actitude de esixencia ante outras administracións para que modifiquen políticas lesivas coa Coruña, como é o caso da política tarifaria eléctrica”, finalizou.

 

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade