USO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, adaptarse ás túas preferencias e realizar labores analíticos. Se continúas navegando consideramos que aceptas o seu uso. Máis información

Logotipo da escola de economistas de A Coruña

Zona Privada

Usuario:
Contrasinal:
Buscador de colexiados
emprégate!
Revista"

Última Revista Descarga la Revista.

pdf Descárgao 2.38Mb

Almorzos electorais: a socialista Inés Rei explicou o seu proxecto de cidade no Colexio

13/05/2019

Nova: Almorzos electorais: a socialista Inés Rei explicou o seu proxecto de cidade no Colexio

No segundo dos encontros cos candidatos e candidatas á alcaldía da cidade coruñesa nas eleccións municipais do próximo 26 de maio, contamos esta mañá no Colexio coa presenza Inés Rei, candidata do PSOE á cadeira de brazos de María Pita.

A Avogada coruñesa, vencedora das primarias locais celebradas no seo do seu partido o pasado mes de novembro, comezou a súa charla comentando que a cidade perdeu liderado neste catro anos, “tanto político como social e económico; a cidade non soportaría outros catros anos así”.

A continuación esbozou as que son as grandes liñas mestras do seu proxecto de cidade. En canto ao máis urxente, indicou o recuperar o diálogo, tanto a nivel do propio tecido social da cidade, asociacións de veciños, Confederación de Empresarios, Colexios  Profesionais, placeiros, como a nivel institucional, “pois non é de recibo que non se poida dialogar con determinadas institucións polo mero feito de que as dirixan persoas coas que se discrepa  politicamente, porque iso conduce á parálise da cidade”, sostivo.

En segundo termo, citou a imperiosa necesidade de recuperar unha ordenada, áxil e efectiva xestión administrativa diaria, "o que debería ser normal está a converterse en extraordinario, non pode ser que se tarde case un ano en obter unha licenza para abrir un negocio, por exemplo, sen esquecer outros temas como a xestión de lixos, o contencioso coas tarifas de autobús, as obras da Comandancia iniciadas sen permiso de Patrimonio ou o conflito cos traballadores das bibliotecas municipais”.

En canto ao seu modelo de cidade, Inés Rei indicou que desexa unha Coruña como cabeza dunha gran área metropolitana, ao leste e ao oeste, cun novo plan de mobilidade que conecte os autobuses cos polígonos e o aeroporto, “coa creación para iso dun Consorcio Metropolitano de Transportes”.

Esbozou ademais outros dous grandes proxectos “que non son partidistas se non de cidade, pois son a longo prazo, comprendendo varias lexislaturas para que os continúe estea quen estea á fronte do concello: a reordenación da fachada marítima e a creación dunha zona franca que supoña a apertura de novas rutas comerciais e turísticas”.

Para concluír, manifestou que potenciará así mesmo os barrios e traballará por recuperar o benestar social. “Veño para gobernar con valentía, para estar a pé de rúa e para dialogar con todo o mundo sen que etiquetas políticas impídanmo. Defender aos traballadores é tamén defender aos empresarios que crean postos de traballo. Non vou a demonizar a ninguén. Perdemos nestes último anos a referencia como cidade líder en favor do sur, é hora de que Galicia volva mirar ao norte”, finalizou.

 

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade